Problemas de saúde

22 de Abril de 2020
Tempo estimado de lectura: 1 min
Autor: Xanela Aberta á Familia
Problemas de saúde 

Na etapa da adolescencia, problemas como o abuso de substancias aditivas, o fracaso escolar, as infeccións de transmisión sexual, a violencia física, o acoso, a depresión, os trastornos da conduta alimentaria e o embarazo precoz, poden limitar e minguar a saúde e a vitalidade.

No caso do adolescente con patoloxía crónica, o reto é aínda maior, ao ter que convivir coa súa enfermidade mentres se fai adulto. Ademais, tanto a inmaturidade como a toma de decisións equivocadas con relación á súa enfermidade ou o tratamento pode orixinar consecuencias negativas na súa evolución.

 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020