Prevención de adicións

Prevenciónadicciones.jpg
 
A chegada ao instituto é un período no cal os adolescentes poderían enfrontarse á presión que exercen os seus amigos para que consuman alcohol, tabaco e outras drogas, ou para que teñan relacións sexuais. A esta idade, aínda que os adolescentes toman máis decisións pola súa conta en relación cos seus amigos, e vólvense cada vez máis independentes, a presión do grupo determina moitos dos seus comportamentos. O apoio da familia, a conversa e a confianza no fogar vai ser moi decisiva para evitar condutas non desexables.​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020