Prevención e seguridade

 

 

199. Prevención e seguridade.jpg

 

A supervisión infantil por parte dos adultos é a mellor estratexia para ofrecer seguridade tanto dentro como fóra da casa. Cando un bebé chega á familia, é hora de revisar que o fogar sexa un lugar seguro. É preciso valorar e buscar posibles perigos. Ao comezar a gatear, o bebé explora a súa contorna máis próxima e a curiosidade por todo o que lle rodea, fai que a cociña, o baño ou as escaleiras sexan lugares onde se producen moitos accidentes infantís con resultados de golpes, caídas, sufocacións, intoxicacións e queimaduras. Outras veces, a forma de proceder dos adultos tamén pode ocasionar problemas que non foran contemplados previamente.

Existen medidas sinxelas que podes tomar para evitar accidentes. A elección do carriño de bebé, dos primeiros xoguetes (axóuxeres, randeeiras, tentenenos, etc.) ou os sistemas de retención no vehículo deben cumprir sempre co obxectivo prioritario de seguridade para o bebé. 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020