Estimulación motriz de 9 a 12 meses

Tempo estimado de lectura: 4 min

 

A continuación expóñense os obxectivos, actividades e pautas para o cuarto trimestre de vida do bebé.

Lembra que o mellor regalo para un neno é ofrecerlle as oportunidades necesarias para desenvolver todo o potencial xenético que herdaron, así como percorrer o camiño do seu desenvolvemento ao seu lado, sentindo toda a atención dos seus pais

Obxetivos

 

AF_1 ano_Ob 9_12_Gal.png 

Actividades

  • Movementos de estimulación vestibular (Órganos do equilibrio)
    • Pasear o bebé subido nos nosos ombreiros e ben suxeito polas mans.
    • Desde a posición anterior, bailar co bebé ao ritmo de música adecuada para o neno.
    • Co bebé en brazos, realizamos xiros un suave efecto centrífugo.
    • Corremos co bebé en brazos, nos ombreiros, etc.
    • Ao levar ao bebé na cadeira podemos realizar carreiras suaves (asegurar ao bebé).
    • Facilitamos as situacións que favorezan os intentos de equilibrio en bipedestación con apoio de mans. Non forzar a bipedestación sen apoio de mans.
  • Manipulación.
    • Ofrecer ao bebé obxectos de diferentes materiais e texturas para que poida manipulalos, sen perigo de tragalos.
    • Dar ao bebé obxectos para que os colla, explore e solte ou lance.
    • Proporcionarlle xoguetes que poida soltar, manipular, activar de forma manual.
    • Ensinarlle a aplaudir mentres está sentado ou de xeonllos.
    • Axudarlle a descubrir novas posibilidades no manexo de obxectos.
  • Coordinación dinámica xeral.
    • Poñer xoguetes a certa distancia e animámolo a que gatee para ir buscalo. O gateo é o movemento estrela desta etapa e de gran repercusión para o seu desenvolvemento neurolóxico.
    • Favorecer que gatee en superficies de diferentes planos (horizontal, inclinados), materiais (herba, area, moquetas, etc)
    • Facilitar elementos de apoio para motivar que se poña de pé e favorecer progresivamente a bipedestación.
    • Collelo das mans e axudarlle a estar de pé.
    • Animalo a patear e batuxar durante o baño.
    • A asistencia a unha piscina con profesionais específicos é recomendable.
    • Mentres está sentado, no chan ofrecerlle globos, pelotas de baixo peso e outros obxectos e animalo a golpear e lanzar.

Como organizar as acividaes físicas que se propuxeron?

As actividades propostas deben realizarse de forma natural e sen esquecer que o obxectivo é activar, organicamente, ao bebé. Recoméndase organizar as actividades en, polo menos, 3 sesións por día.

  • Orientada ao movemento das mans (manipular, premer, apertar, lanzar). Proporcionámoslle obxectos que poida coller, tocar e soltar, á vez que xogamos, favorecendo a interacción entre neno e adulto e creando lazos afectivos.
  • Dirixida á mellora dos movementos globais. Axudámolo con movementos asistidos e provocámoslle a reptación e o gateo. Estas actividades pódense organizar en planos inclinados nos que se facilite ou dificulte a tarefa motriz.
  • Orientada a exercicios que desenvolven o equilibrio (posición e movementos da cabeza e tronco). Nela realizamos os exercicios descritos en movementos vestibulares e de equilibrio.

As tres sesións propostas han de estar enriquecidas permanentemente con accións espontáneas e habituais que realiza o neno

 

AF_1 ano vida_orient_gal.png 
 
 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020