Detección precoz de patoloxías

21 de Febreiro de 2020
Tempo estimado de lectura: 2 min
 
 
A determinación de certas substancias presentes no sangue do talón do/a recen nado/a permite a detección de certas enfermidades para proporcionar un tratamento precoz, corrixir problemas futuros de saúde e evitar secuelas graves. Á acción de buscar, recoñecer e detectar os elementos responsables de distintas patoloxías entre todas as persoas nadas coñéceselle tamén como “cribado” neonatal.
 
cribado.jpg
 
Que problemas se poden detectar? Entre outros:
  • A hipoacusia que é a diminución da percepción auditiva. En función da idade de comezo e da súa intensidade pode chegar a ocasionar graves consecuencias no desenvolvemento da linguaxe, da capacidade de lecto-escritura e do intelecto do recentemente nado. A proba é sinxela, non invasora e indolora. A duración media é de 3-5 min por oído.
  • Certas enfermidades endócrinas e metabólicas. Coñecidas tamén como “erros conxénitos do metabolismo” constitúen un grupo amplo e diverso de trastornos herdables e que poden ser causa de distintas discapacidades ou comprometer gravemente a vida. En Galicia o cribado baséase no uso de métodos analíticos, utilizando unha mostra de ouriños e outra de sangue. Unha vez detectadas polo cribado, será necesario realizar outras probas de confirmación a nivel individual.
 
O equipo de pediatría proporcionaravos toda a información necesaria con respecto a ditas probas.

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020