O desenvolvemento psicomotor do bebé

Sorrir por primeira vez, coller obxectos, dicir “adeus” coa man, gatear ou dar os primeiros pasos son indicadores do desenvolvemento psicomotor do bebé

234. O desenvolvemento psicomotor.png

Cando falamos de desenvolvemento psicomotor referímonos á adquisición progresiva e aprendizaxe de habilidades que corresponde coa maduración das estruturas do sistema nervioso xa desde a etapa embrionaria e fetal.

Aínda que o desenvolvemento psicomotor é diferente en cada persoa, presenta un rango de idade similar no cal a maioría adquire ditas destrezas, e depende do ambiente no que o neno e a nena crecen, do seu potencial xenético e do seu carácter.

É necesario un seguimento pediátrico en cada revisión para avaliar o que coñecemos como “indicadores do desenvolvemento” (idade de aparición das diferentes destrezas adquiridas progresivamente), tales como sorrir por primeira vez, coller obxectos, dicir “adeus” coa man, gatear ou dar os primeiros pasos. Os bebés alcanzan estes indicadores na forma en que xogan, aprenden e interactúan. Cando constatamos un atraso fóra dese rango de “normalidade”, o equipo de pediatría detectará a posibilidade dun problema e seguirá facendo outras probas para descartar ou confirmar a sospeita diagnóstica.

Hai que lembrar que cada neno segue o seu propio ritmo. Por isto, o non seguir exactamente os pasos doutras persoas coñecidas ou de irmáns non significa necesariamente que haxa un problema real.

 

Media e marxe de normalidade para algúns logros e destrezas do bebé​

​ ​

FUNCIÓN MEDIA IDADE MARXE NORMALIDADE​
​Sorrí 4-6 semanas​ 1-8 semanas​
​Mantén a cabeza 3 meses 2-4 meses
Acerca/colle obxectos​ ​5 meses 4 meses
Séntase​ 6-7 meses 4-12 meses
Anda sen axuda ​ 13 meses 8-18 meses
Di palabras con sentido​ 12 meses 8-24 meses
Di frases 21-24 meses 10-36 meses
Bebe da cunca sen axuda​ 15 meses 9-21 meses
Vístese sen axuda​ 3-4 anos 33-72 meses
Controla esfínteres polo día​ 2 anos 16-48 meses
​Controla esfínteres pola noite​ 3 anos​ ​18-72 meses
 
 
Fonte: Modificado de: García Pérez MA, Martínez Granero MA. Desarrollo psicomotor y signos de alarma. En: A.E. Pap (ed.). Curso de Actualización Pediatría 2016. Madrid: Lúa Ediciones 3.0; 2016. p. 81-93.
 
Nas seguintes ligazóns podes acadar moita información e avaliar os progresos do bebé mentres lle contades unha historia:
​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020