Cribado de enfermidades endocrinas e metabolicas

16 de Xuño de 2020
Tempo estimado de lectura: 2 min


Moitos trastornos endócrinos e metabólicos conxénitos non se manifestan clinicamente no momento do nacemento e cando presentan síntomas xa produciron lesións irreversibles. As probas para a detección precoz destas enfermidades poden identificar de forma anticipada, mediante a análise das mostras do bebé, diferentes enfermidades que están xa presentes no momento do nacemento. Isto permite o establecemento do tratamento adecuado para que non se produzan danos irreparables.

Son enfermidades pouco frecuentes polo que a práctica totalidade dos bebés examinados terá un resultado de normalidade nas probas realizadas, pero esta análise terá un enorme beneficio para os nenos e as nenas que sufran dalgunha delas.

Recién nacidos.jpg 
 
 
A Consellería de Sanidade a través da Dirección Xeral de Saúde Pública e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) poñen ao dispor de todos os neonatos de Galicia o Programa galego para a detección de enfermidades endócrinas e metabólicas en período neonatal, que se realiza mediante a análise dunha mostra de sangue (“proba do talón”) e de ouriños dos recentemente nados.

É moi importante que pais, nais, titores e titoras sexan conscientes da importancia deste programa e da necesidade de participar nel.

Forma parte dos coidados do bebé e a súa saúde futura pode depender de que se lle realicen estas probas.

Na carpeta de Saúde Infantil que se distribúe a pais/nais/titores dos recentemente nacidos en Galicia atópase a información e os materiais necesarios para a toma de mostras do seu bebé. Non esquezas facelo!

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020