Recomendacións de consumo por grupos de alimentos a partir do sexto mes

Tempo estimado de lectura: 4 min 30 sg
 
 
Cereais
  • Introducir os cereais a partir dos 6 meses para permitir a lactación materna exclusiva. É un erro substituír unha toma de peito por o leite de fórmula co único obxectivo de dar cereais, xa que pode condicionar un destete precoz innecesario.
  • Inicialmente, pódese engadir en forma de fariña ás papas de froitas ou verduras no caso de lactancia materna ou á papas con leite no caso da lactación artificial.
  • Posteriormente, elaborar pratos con alimentos ricos en hidratos de carbono complexos na dieta habitual. Por exemplo, papa de arroz con tenreira e cenoria; puré de tapioca con pescada e chícharos verdes, etc.
  • Introducir os cereais con glute preferiblemente despois do sexto mes e en pequenas cantidades, aínda que o período pode oscilar entre os 4 e os 11 meses de idade, segundo recomende o voso equipo de pediatría.
  • Evitar os azucres engadidos na dieta dos lactantes, polo menos ata os 24 meses de vida. Desaconséllanse os cereais en po que conteñan mel, cereais malteados ou azucres na súa composición.
 
arrozz.pngcomida bebe.jpg
 
 
Froitas, verduras e legumes
  • Ofrecer distintas variedades de froita de forma progresiva, en función do patrón familiar.
  • Comenzar con pequenas cantidades de froita enteira triturada en calquera das comidas diarias.
  • Preferir a froita enteira fronte os zumes de froitas xa que estes achegan unha concentración de azucre maior e poden desprazar o consumo doutros alimentos. Aínda que sexa natural, non se aconsella a introdución do zume a través do biberón.
  • Fomentar o consumo de legumes debido ás súas propiedades nutricionais, en particular á súa riqueza en proteínas. Ao principio poden engadirse en puré, sen pel e aos poucos ofrecerse enteiras como guisos de legumes con hortalizas e cereais en preparacións con pouca graxa. Aínda que son ricos en ferro, representan unha fonte menor deste elemento, dada a difícil absorción do ferro de orixe mineral fronte ao de orixe animal.
  • Evitar, na medida do posible, unha achega de verduras con alto contido en nitratos como as acelgas, a remolacha ou as espinacas durante no primeiro ano. Logo, débese achegar aos poucos e en pequenas cantidades. Aos 3 anos, convén non dar máis aló dunha ración diaria destes vexetais.
fruta cortada.jpgpure patatas.jpg
 
 
Carnes, peixes, ovos, leite
  • Ofrecer diariamente alimentos deste grupo, especialmente aqueles ricos en ferro como as carnes. Comezar con pequenas cantidades, variando a textura gradualmente.
  • Fomentar o consumo de peixe para favorecer un óptimo desenvolvemento neurolóxico. Comezar polo peixe branco en preparacións sen espiñas e aos poucos introducir as especies azuis. Limitar o consumo de especies de gran tamaño como o peixe espada e o atún. Lembrade que o peixe conxelado é nutricionalmente similar ao fresco e que os produtos ultraprocesados (variñas, “nuggets”) non deben formar parte da dieta infantil.
  • Introducir en primeiro lugar a xema cocida do ovo e máis tarde a clara, sempre en preparacións nas que apareza totalmente callada.
  • Lembrade que entre os 6 e os 12 meses o leite materno segue sendo o alimento principal e o lácteo de elección, polo que se recomenda mantela segundo demande o bebé. O iogur pode introducirse a partir dos 8-9 meses, en pequenas cantidades e o leite de vaca nunca debe introducirse antes do ano de vida. Non é boa práctica engadir azucre nin edulcorantes aos derivados lácteos. O leite condensado non debe formar parte da dieta, nin sequera engadida en pequenas cantidades ao puré infantil.​​​

 

carnee.jpgpescado blanco.jpg

 

 

 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020