A lactación mixta e con fórmula

Tempo estimado de lectura: 2 min
 
 
A lactación materna é a forma natural de alimentar ao recén nado e ao bebé, xa que logo, durante os primeiros 6 meses de vida non necesitan nada máis. Despois compleméntase con outros alimentos, xa que o leite materno segue a aportar beneficios para ambos os dous.
 
Cando a lactación materna non é posible, a nai non debe sentirse culpable nin vivir con ansiedade esta situación. Neste momento hai moitos preparados no mercado capaces de satisfacer as necesidades nutricionais do bebé. Lembrade que a composición habitual dos leites maternos e as necesidades dos bebés en cada momento son a base para establecer a fórmula dos compoñentes do leite artificial infantil.
 
Distínguese entre fórmulas de inicio para os catro ou seis primeiros meses, e as fórmulas de continuación para máis aló dos seis meses, con cantidades e nutrientes adaptados ás distintas necesidades.
 
Importante: O leite de vaca non se considera un alimento adecuado durante o primeiro ano de vida.
 
A lactación con biberón pódese iniciar nas primeiras horas, a intervalos de tres ou catro horas, segundo demande o bebé
 
 A cantidade total da ración alimentaria pode sufrir variacións individuais en función do peso e do apetito de cada bebé. En calquera caso, recoméndase sempre consultar o plan de alimentación co equipo de pediatría.
 
Lactancia mixta.png
 
Recomendacións:
  • Manter a lactación materna polo menos ata os 6 meses de forma exclusiva, ata o 12 meses con alimentación complementaria e continuar ata os 24 meses sempre que a nai e o bebé así o desexen.
  • Establecer prácticas adecuadas de alimentación con biberón.
  • Solicitar axuda para resolver todas as dúbidas antes da saída do hospital.

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020