Envellecimiento activo

1 de Setembro de 2021
Tempo estimado de lectura: 2 min 40 sg

 

En que consiste o envellecemento activo?

O envellecemento activo é o proceso de optimización das oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a calidade de vida a medida que as persoas envellecen. O envellecemento activo non se centra unicamente na práctica de exercicio físico, xa que engloba un conxunto de hábitos e comportamentos, entre os que se inclúen a actividade física en conxunto, a alimentación saudable, a calidade do sono e a participación social.

Existen 4 piares fundamentais para envellecer ben, e promover oportunidades de desenvolvemento e benestar persoal​:
  • Manter un bo estado de saúde
  • Aprendizaxe ao longo da vida para ter coñecementos e xerar vínculos
  • Dereito de participación na sociedade
  • Seguridade e protección
Que podo facer para incorporar as claves do envellecemento activo na miña vida
O primeiro de todo é ter un propósito que nos permita iniciar os cambios para mellorar a calidade de vida. É importante ter en conta que aínda que sexa mellor adoptar estes cambios canto antes, nunca é demasiado tarde, e poden acadarse beneficios incorporando rutinas saudables como:
  • Manter a actividade física e realizar exercicio físico de forma regular. Os beneficios fan que constitúa un dos principais piares para promover a saúde ao longo de todo o ciclo vital.
  • Asesoramento nutricional para manter unha alimentación equilibrada, saudable e sostible, evitando problemas de malnutrición.
  • Manter a capacidade mental a través da aprendizaxe.
  • Promover e manter a actividade e a participación social.
  • Preservar a autonomía, mediante a prevención específica da discapacidade e a dependencia.
Que beneficios me aporta?
Benestar, autonomía e calidade de vida. A práctica de actividade física, xunto a unha alimentación equilibrada con productos de tempada cociñados con técnicas culinarias saudables, o descanso axeitado e a participación social de acordo ás preferencias persoais, contribúen á prevención de enfermidades, preservando a forza muscular e a función cognitiva, reducindo o estrés e mellorando a austoestima, evitando o illamento e a soidade a través dos vínculos sociais na contorna das persoas.

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020