Picnic de verán: receitas frescas para gozar o aire libre

Tempo estimado de lectura: 5 min 30 seg
Autor: Xanela Aberta á Familia
​​​
Picnic de verán 

O sol, a praia, as vacacións... Sen dúbida, a estación favorita de moitos, pero tamén a época do ano na que as olas de calor nos obrigan a buscar formas de refrescarnos. E é que, se non nos coidamos adecuadamente, corremos o risco de sufrir deshidratación, golpes de calor ou mesmo intoxicacións por alimentos en mal estado.

Antes de falar de comida, é fundamental recordar a importancia dunha correcta hidratación. Beber auga de forma regular é esencial para combate-las altas temperaturas, previ-la deshidratación e mante-lo noso organismo en óptimas condicións.

Segue lendo, para saber máis sobre a hidratación: A hidratación: Máis que só auga.

E para combinar unha hidratación adecuada, descubre novas receitas frescas, nutritivas e cheas de cor.

Ensalada mediterránea de legumes

ensalada mediterránea de legumes  

Ingredientes:

  • 100 gr de garavanzos cocidos.
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde
  • Cogombro
  • 1 cebola morada
  • 1 tomate
  • 1 cenoria relada
  • 1 aguacate
  • Perexil fresco
  • Zume de limón
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Pementa

Ensalada de nectarina

 

Ingredientes:

  • 3 nectarinas
  • 2 tomates
  • Noces ao gusto
  • 1 bola de mozarela de búfala
  • Albáfega
  • 6 liscos de xamón serrano
  • 200 gr espinacas
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Pementa

Ensalada de atún

 

Ingredientes:

  • 2 latas de atún en aceite de oliva
  • 100 gr de follas verdes (rúcula, espinaca, leituga)
  • 1/2 cebola morada
  • 1 tomate grande
  • 1 cogombro
  • Olivas negras
  • Olivas verdes
  • 2 ovos
  • 1 pemento vermello
  • Alcaparras
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Pementa
  • Zume de limón
​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020