Propoñemos un reto!
Querémolo conseguir entre todos, pero sen a túa achega individual, isto non ten valor.
Convidámoste a “gastar” non soamente as pistas de baile, senón tamén as de baloncesto, patinaxe, atletismo, a do salón da casa, as de asfalto, etc.
Participa nas nosas actividades e mantén un estilo de vida activo porque ademais de gastar pista, tamén imos gastar calorías.
Non importa se xogas, compites, saltas, corres, camiñas ou bailas.
O importante é que te movas e gastes pista.