Consellos para practicar actividade física no verán

12 de Xullo de 2022
Tempo estimado de lectura: 4 min 15 seg
Autor: Xanela Aberta á Familia
 

Coa chegada do verán, o sol e as boas temperaturas anímannos a practicar actividade física ao aire libre. Queremos que realices actividade física de forma regular para vivir mellor e con mellor calidade de vida. Por iso, a continuación dámosche unha serie de consellos para gozar da túa actividade física estival.

Lembra que...

  • O corpo humano está deseñado para moverse e necesita practicar actividade física de forma regular para alcanzar un adecuado desenvolvemento físico e cognitivo durante a etapa infanto-xuvenil e así gozar dun envellecemento saudable.
  • A actividade física permítenos manter un peso corporal saudable reducindo a graxa corporal.
  • Un estilo de vida fisicamente activo, mellora a función cognitiva e asóciase cun menor risco de deterioración cognitiva e de demencia.

En definitiva, a actividade física non só axuda a vivir máis, senón a vivir mellor e con mellor calidade de vida.

Aproveita o bo tempo:

  • Practicar as túas actividades físico-deportivas favoritas.
  • Pasear pola praia, pola contorna, etc.
  • Xogar ás pas, etc.
  • Aproveitar as oportunidades lúdicas da auga.

E sobre todo, reduce as actividades sedentarias, como estar tombado ou sentado.

 

Non te esquezas de tomar as precaucións pertinentes para gozar da túa actividade física estival:

  • Elixe o momento do día e o lugar adecuado para realizar actividade física no verán.
    • A combinación de actividade física e altas temperaturas aumenta o risco de sufrir un golpe de calor.
    • Evita realizar actividade física nas horas centrais e máis calorosas do día (entre as 12 e as 17 horas).
    • Elixe as primeiras horas da mañá ou as últimas da tarde. Se non é posible, decántate por actividades á sombra ou no medio acuático.
  • hidratación é fundamental.
    • A combinación de altas temperaturas e actividade física provoca un aumento da sudación, perdendo auga e electrólitos e aumentando o risco de lesións musculares.
    • Inxire auga, zumes naturais, infusións, antes durante e despois da actividade física. Evita bebidas e refrescos comerciais que conteñan outros ingredientes como azucres simples ou electrólitos en cantidades excesivas.
  • Coidado co sol, evítao ou protéxete.
    • Se realizas a túa actividade cando o sol incide directamente no teu corpo, aplica crema solar.
    • Atento ás zonas máis expostas ao sol: zona cervical, brazos, pernas, orellas, mans.
    • Protexe os ollos con lentes e gorra adecuadas.
  • Utiliza roupa e calzado adecuados.
    • Elixe roupa preferentemente técnica, cómoda, lixeira, que transpire e con cores claras.
    • O calzado debe ser apropiado, cómodo, lixeiro e que transpire.
  • Atención ás comidas.
    • Non realices actividade física de intensidade moderada-alta inmediatamente despois de comer. Sí que estaría indicado pasear.
    • Asegúrate de que a dixestión finalizou (entre 2-4 horas).
    • Evita as comidas copiosas antes de realizar actividade física.
    • Elixe alimentos de fácil dixestión.
 


A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020