A acción consiste na avaliación individual da composición corporal e da condición física. En función dos resultados obtidos, realízase un consello breve individualizado sobre estilos de vida saudables e cítase á persoa para o seu seguimento nos próximos 3 meses.
A avaliación da composición corporal consiste na determinación do índice de masa corporal, da porcentaxe de masa magra e do perímetro cintura.
Na avaliación da condición física analízanse distintos parámetros relacionados coa saúde e a capacidade funcional en función do rango de idade:
Poboación traballadora entre 18 e 59 anos:
- Equilibrio.
- Forza máxima do membro superior.
- Tolerancia muscular do membro inferior.
- Flexibilidade dos ombros.
- Flexibilidade anterior do tronco.
Poboación traballadora maior de 59 anos:
- Equilibrio.
- Tolerancia muscular do membro superior.
- Tolerancia muscular do membro inferior.
- Flexibilidade dos ombros.
- Flexibilidade anterior do tronco.
- Resistencia cardiorrespiratoria.
Esta acción persegue proporcionar estratexias individuais de cambio de hábitos, dotar aos traballadores e traballadoras de referencias obxectivas que permitan o seguimento das capacidades físicas e a composición corporal e motivar aos asistentes para a modificar ou manter os seus hábitos.
Obxectivos aos que contribúe:
- Aumentar a actividade física e reducir o comportamento sedentario do persoal da Xunta de Galicia, contribuíndo a que acaden as recomendacións de actividade física formulados pola OMS e reduzan o seu nivel de sedentarismo.
- Desenvolver habilidades e responsabilidades persoais relacionadas ca xestión da saúde, o autocoidado e o desenvolvemento persoal.