Tempo estimado de lectura: 5 min 30 seg
Autor:
Xanela Aberta á Familia
O sol, a praia, as vacacións... Sen dúbida, a estación favorita de moitos, pero tamén a época do ano na que as olas de calor nos obrigan a buscar formas de refrescarnos. E é que, se non nos coidamos adecuadamente, corremos o risco de sufrir deshidratación, golpes de calor ou mesmo intoxicacións por alimentos en mal estado.
Antes de falar de comida, é fundamental recordar a importancia dunha correcta hidratación. Beber auga de forma regular é esencial para combate-las altas temperaturas, previ-la deshidratación e mante-lo noso organismo en óptimas condicións.
Segue lendo, para saber máis sobre a hidratación: A hidratación: Máis que só auga.
E para combinar unha hidratación adecuada, descubre novas receitas frescas, nutritivas e cheas de cor.
Ensalada mediterránea de legumes
Ingredientes:
- 100 gr de garavanzos cocidos.
- 1 pemento vermello
- 1 pemento verde
- Cogombro
- 1 cebola morada
- 1 tomate
- 1 cenoria relada
- 1 aguacate
- Perexil fresco
- Zume de limón
- Aceite de oliva virxe extra
- Sal
- Pementa
Ensalada de nectarina
Ingredientes:
- 3 nectarinas
- 2 tomates
- Noces ao gusto
- 1 bola de mozarela de búfala
- Albáfega
- 6 liscos de xamón serrano
- 200 gr espinacas
- Aceite de oliva virxe extra
- Sal
- Pementa
Ensalada de atún
Ingredientes:
- 2 latas de atún en aceite de oliva
- 100 gr de follas verdes (rúcula, espinaca, leituga)
- 1/2 cebola morada
- 1 tomate grande
- 1 cogombro
- Olivas negras
- Olivas verdes
- 2 ovos
- 1 pemento vermello
- Alcaparras
- Aceite de oliva virxe extra
- Sal
- Pementa
- Zume de limón