Tarxeta Benvida

123.programa-apoio-natalidade.png 
123.tarxeta-benvida-galego.png 

Axuda económica ás familias con nenas e nenos nados no ano 2021 (nalgúns casos no 2020, 2019 e 2018)

A Tarxeta Benvida é unha axuda económica para as familias destinada a apoiar os gastos derivados do nacemento, garda con fins adoptivos ou adopción dun neno ou nena menor dun ano.

Poderán acceder as familias que no ano 2021 teñan un filo/a, adopten ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos e para aqueloutras que, tendo obtida  a axuda ou no accedendo a ela por superar os ingresos previstos nas respectivas convocatorias no ano 2018, 2019, e 2020, experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito ás contías reguladas no artigo 4.2 da Orde de 28 de decembro do 2020 ou a Orde de 30 de decembro do 2019 da Consellería de Política Social.

A Tarxeta Benvida só poderá ser utilizada  en oficinas de farmacia, parafarmacias, ópticas, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia. Deste xeito, a axuda contribuirá a que as familias poidan atender aos maiores gastos que supón a chegada dun novo membro, derivados da adquisición de produtos básicos para o neno ou nena, como, leite, alimentos infantís, cueiros, produtos de hixiene infantil, produtos farmacéuticos, berces...

Unha pequena gran axuda para comezar, un gran apoio para medrar  

icon03.png PARA MÁIS INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO: prema aquí

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020