Desconecta, recarga e reconecta!

Desconecta, recarga e reconecta! Tempo estimado de lectura: 5 min 30 seg
Autor: Xanela Aberta á Familia
Desconecta, recarga e reconecta 

As tecnoloxías ofrecen múltiples vantaxes, oportunidades e comodidades. Sen embargo, estas poden ser contraproducentes, provocadas pola falta de educación dixital.

A adicción ás tecnoloxías, o uso abusivo de dispositivos e redes sociais, así como os danos físicos e psicolóxicos poden causar a perda da creatividade, o pensamento crítico e a concentración, así coma producir insomnio, ansiedade e baixar a autoestima.

Para combater a dependencia dun ocio ligado a unha pantalla, propoñemos un reto de 7 días para experimentar como é ser ti mesmo, coñecendo á persoa que máis te quere e, en definitiva, reconectando contigo mesmo.

  • Día 1: 20 minutos de lectura

    Ler é unha actividade atemporal que ofrece grandes beneficios. A través da lectura podemos acceder ás mellores historias e á maior fonte de información. Se no es un gran lector ou unha gran lectora, empeza con pequenas doses. Recorda que o primeiro paso é empezar. Comeza con 20 minutos e aumenta este tempo pouco a pouco.

    Se non coñeces o proxecto galego da Guía de Biblioterapia, este é o momento perfecto para facelo. Ofrece unha selección de libros de maneira gratuíta á que podes acceder de forma sinxela.

    Máis información: Guía de Biblioterapía.

  • Día 2: 20 minutos de lectura + 15 minutos de escritura

    Acompaña á lectura con 15 minutos de escritura. Elixe un caderno e escribe sobre o que te inspirou a lectura, sobre os teus pensamentos ou simplemente deixa que a túa mente flúa libremente. A escritura é unha ferramenta poderosa para a autoexpresión e o autocoñecemento.

  • Día 3: 20 minutos de lectura + 15 minutos de escritura + 10 minutos de meditación

    Incorpora 10 minutos de meditación a túa rutina. Busca un lugar tranquilo onde poidas sentarte comodamente e pecha os ollos. Concéntrate na túa respiración e observa os pensamentos sen xulgalos. A meditación axudará a calmar a mente, reducir o estrés e aumentar a autoconciencia.

  • Día 4: Goza ao aire libre

    Dedica este día a gozar do aire libre a soas. Pasea por un parque, corre pola praia ou simplemente senta nun banco e observa a paisaxe. O contacto coa natureza ten un efecto relaxante e revitalizante no noso corpo e mente. Se ademais poñes en práctica todo o anterior, crearase un sentimento de paz incalculable.

  • Día 5: Esperta a túa creatividade

    Hai moitas maneiras de espertar a creatividade: a través da música, xogos, pintura, escritura, baile... A recomendación deste día é que elixas a actividade que máis te chame a atención e dediques polo menos 30 minutos.

    Nesta ocasión, propoñemos a pintura. Colle unha libreta ou unhas follas de papel, prepara as pinturas como uns rotuladores, uns lapis de cores ou uns bolígrafos e ¡déixate levar! Non importa se non tes experiencia previa. O importante é divertirte e experimentar con diferentes cores, técnicas e estilos.

  • Día 6: Desconexión total

    Este día é un desafío: desconexión total do teu teléfono móbil. Non o mires, non o uses, nin o teñas cerca. Goza dun día libre das distraccións dixitais e aproveita para conectar contigo mesmo, quedar cos teus amigos, empezar ese hobbie que levas aprazando meses... Non se trata de estar incomunicado se non de só usar o móbil para o imprescindible.

  • Día 7: A gran final

    Para o último día do reto, elixe unha actividade que te guste e que te faga sentir ben. Pode ser ler, escribir, meditar, facer deporte, pasar tempo na natureza ou calquera outra cousa que te motive. Goza deste día. Lembra que a felicidade non se atopa nas pantallas, senón nas pequenas cousas da vida.

    O obxectivo deste reto non é eliminar por completo a tecnoloxía das nosas vidas, senón aprender a usala de maneira consciente e equilibrada e reestablecer a túa relación coa tecnoloxía dun xeito máis saudable.

 
​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020