Tempo estimado de lectura: 5 min
Autor:
Xanela Aberta á Familia
A chegada da primavera permítenos celebrar esta estación cun festín de sabores
frescos e moi coloridos!
Descubre estas deliciosas receitas perfectas para esta tempada, que combinan
ingredientes de tempada con creatividade culinaria. Prepárate para deleitar o teu padal
e sorprender aos teus invitados esta primavera!
Aguacates recheos
Un entrante refrescante, cheo de sabor e de cor, que ademais é moi fácil de preparar.
- Ingredientes:
- Gambas ou lagostinos cocidos
- Atún
- Tomate
- Cenoria
- Millo doce
- Aguacate
- Lima
- Ceboliño
- Sal
- Aceite de oliva
- Pementa
- Preparación:
- Pelamos as gambas ou lagostinos cocidos, cortámolos en anacos pequenos e engadimos o atún. Botamos estes ingredientes nun cunco.
- Engadimos ao cunco os tomates lavados e cortados en cadrados e o millo doce en conserva.
- Lavamos e cortamos os aguacates pola metade e retiramos a semente.
- Coa axuda dunha culler, extraemos a polpa para baleirar os aguacates e os cortamos en cadrados.
- Reservamos a pel dos aguacates para rechealas máis tarde.
- Botamos un pouco de zume de media lima para evitar a súa oxidación e que manteñan a súa cor verde.
- Engadimos os aguacates cortados ao cunco con aceite de oliva, un chisco de sal e pementa ao gusto.
- Mesturamos todos os ingredientes do cunco e enchemos a pel dos aguacates que reservaramos.
- Para finalizar, levámolos á neveira ata servilos.
Ensalada de manga e salmón
As ensaladas non son un prato aburrido. Basta con engadirlle un toque cremoso de aguacate e outro doce de mango, para converter a túa ensalada nun entrante atractivo.
- Ingredientes:
- Rúcula e herba dos cóengos
- Manga
- Salmón
- Aguacate
- Ceboliña
- Lima
- Aceite de oliva
- Sal
- Coandro
- Preparación:
- Colocamos a rúcula e a herba dos cóengos, limpos e escorridos nun prato.
- Retiramos a pel do lombo do salmón e o repasamos por se quedaran espiñas ou escamas.
- Cortamos en dados o salmón e o pasamos pola tixola. Picamos en tiras a ceboliña.
- Pelamos e curtamos a manga en tiras e colocámola encima dos brotes verdes.
- Cortamos o aguacate en cadrados.
- Por último, incorporamos as follas de coandro, botámoslle sal e aderezámolo con aceite de oliva e a lima.
- Para finalizar, levámola á neveira ata servila.
Gaspacho de amorodo
Esta última receita é ideal para un entrante ou para un aperitivo. Aproveitamos a tempada dos amorodos coa chegada dos meses de calor para elaborar un gaspacho cun extra de froita.
- Ingredientes:
- Tomate
- Amorodos
- Pemento verde
- Cogombros
- Cebola tenra
- Sal
- Vinagre de mazá
- Aceite de oliva
- Preparación:
- Lava e pela os tomates. Vai cortándoos en cadrados e engadíndoos a un cunco.
- Lava e corta o talo dos amorodos e córtaos en metades para engadilas ao cunco onde deixamos os tomates.
- Lavamos o pemento verde, cortámolo en anacos regulares e engadímolo aos tomates e os amorodos.
- Cortamos o cogombro e media cebola en anacos pequenos e o engadimos ao cunco.
- Para o aderezo, poñemos un pouco de sal e un pouco de vinagre de mazá xunto co aceite de oliva.
- Trituramos os ingredientes do gaspacho ata deixalo o máis fino posible, se vos gusta con textura sedosa pásao por un colador para eliminar os posibles restos de froita e verdura que puidesen quedar.
- Levamos o gaspacho de amorodos á neveira para tomalo frío, un par de horas é suficiente.
- Para servilo, podémolo acompañar con amorodos partidos.