Tempo estimado de lectura: 6 min 15 seg
Autor:
Xanela Aberta á Familia
A cantidade de horas que pasamos traballando ao longo dos anos e os malos hábitos
posturales adquiridos terminan por influír non só no rendemento senón tamén
na saúde.
Moitas persoas están obrigadas a permanecer toda a xornada laboral sentadas diante
dun ordenador, algunhas deben soportar cargas continuas en movementos repetitivos,
moitos conducen durante horas, mentres que outras teñen que estar de pé sen apenas
realizar desprazamentos...
As posturas incorrectas e prolongadas en calquera posto de traballo fan que o corpo se
acabe adaptando ao que facemos a diario, provocando desequilibrios musculares,
limitacións de mobilidade, dor, malestar...
Realizar sinxelos exercicios intercalados entre os quefaceres laborais, non resta
produtividade e si ganancias en saúde.
Podes optar por realizar aqueles exercicios que mellor se adapten á túa situación
particular e diaria.
Ten en conta que os exercicios de estiramentos, do mesmo xeito que os adestramentos
de resistencia e de forza, deben axustarse ao nivel, ao obxectivo e á situación de cada
persoa. Con todo, recomendámosvos manter cada exercicio entre 15 - 20 segundos sen
chegar nunca a sentir dor pero si, certa resistencia.
Coas costas rectas, inclina lateralmente a cabeza con
axuda da man, tenta achegar a orella ao ombreiro.
Mantén a posición e cambia de lado.
Empuxa a cabeza cara abaixo coas dúas mans á vez
que baixas o queixo ao peito e xuntas os cóbados á
fronte
Coas mans entrelazadas e as palmas dirixidas cara
arriba, eleva e estira os brazos coma se tentases
tocar o teito
Coloca os brazos por detrás do respaldo da cadeira e
elévaos suave e controladamente tentando xuntar os
omóplatos.
Flexiona o corpo cara adiante agarrando os nocellos
ou a perna e mantendo a postura sen forzar a
posición.
Coas pernas e os brazos lixeiramente flexionados,
agárrate á parte alta do respaldo da cadeira e coas
costas rectas, deixa caer o peso do corpo lentamente
en dirección ao chan.
Cruza unha perna sobre a outra e sitúa a man na
parte exterior da coxa da perna flexionada para
mantela inmóbil.
Nesta posición e coa man libre apoiada no respaldo
da cadeira, xira a parte superior do corpo cara a ese
mesmo lado coidadosamente para mirar por encima
do ombreiro.
Dobra unha perna e estende a outra dirixindo a punta
do pé cara arriba. Agárrate ao reposabrazos da
cadeira e coas costas rectas, inclínate suavemente
cara adiante.
Variante: Coloca as mans detrás das costas, á altura
da
zona lumbar.
Estende o brazo diante do corpo, coloca a palma da
man cara adiante e dobra a boneca. Tira dos dedos
cara atrás suavemente.
Mantén a posición e realiza o exercicio co outro
brazo.
Estende o brazo diante do corpo, coloca a palma da
man dirixida cara ao corpo e dobra o pulso. Tira da
man cara atrás suavemente.
Mantén a posición uns segundos e realiza o exercicio
co outro brazo.
Coas costas rectas, leva un cóbado ao peito co brazo
flexionado. Colle o brazo coa outra man e empuxa
cara ao corpo lenta e controladamente.
Mantén a posición e realiza o exercicio co outro de
brazo.
Coas costas rectas, levanta un brazo, flexiona o
antebrazo cara ás costas e colle o cóbado coa man do
outro brazo.
Mantén a posición e realiza o exercicio co outro
brazo.
Coas costas rectas, flexiona o antebrazo cara ás
costas e colle o cóbado coa man do outro brazo.
Inclina o corpo lenta e coidadosamente cara ao lado
do brazo que está por encima da cabeza.
Mantén a posición e realiza o exercicio co outro
brazo.
(Movilidade articular)
Realiza círculos amplos e lentos cos ombreiros,
primeiro cara adiante e despois cara atrás.