Cociña en Familia

15 de Marzo de 2023
Tempo estimado de lectura: 3 min 30 seg
Autor: Xanela Aberta á Familia
​ 

Involucrar aos nenos e nenas na preparación das comidas é unha excelente idea para ensinarlles como manter unha dieta equilibrada dende idade temperá. A primeira lección de alimentación saudable consiste en aprender a seleccionar e preparar os alimentos de maneira axeitada. Fagamos desta unha actividade familiar divertida! Antes de comezar, ten en conta estes consellos:

Antes de cociñar

  • Recolle o cabelo e usa roupa axeitada para evitar accidentes mentres cociñas.
  • Limpa e organiza o teu espazo de traballo. Mantén a superficie de traballo limpa e desinfectada, e lava e seca a táboa de cortar cada vez que prepares diferentes tipos de alimentos, especialmente carne, polo ou peixe.
  • Lava as mans con frecuencia. Antes de comezar, asegúrate de eliminar os restos de xabón ou deterxente.
 

Pasos para involucrar aos nenos na cociña

  • Deixa que axuden na planificación e elaboración das comidas. Isto fomenta a súa creatividade e compromiso.
  • Permítelles ulir e manipular alimentos. Así aprenden sobre texturas e cheiros, sempre repasando as normas básicas de hixiene.
  • Asigna tarefas segundo a súa idade. Por exemplo, poden decorar pratos, aderezar ensaladas ou mesturar ingredientes.
  • Prioriza a seguridade. Supervisa o uso de elementos perigosos como coitelos, aceite quente e enchufes eléctricos. Establece unha zona segura arredor da cociña.
  • Converte o proceso nun xogo. Probade os pratos que preparastes entre todos ou creade diferentes aliños para un mesmo alimento, como ensaladas con salsas de iogur, cítricos ou herbas.
  • Invítalles a participar en tarefas adicionais. Pór e retirar a mesa, secar pratos ou gardar utensilios tamén son formas de colaborar.
 

Consellos para unha alimentación saudable

  • Comeza con receitas sinxelas. Isto axudará aos nenos a acostumarse pouco a pouco a diferentes sabores.
  • Mantén o sabor orixinal dos alimentos. Acostuma aos pequenos a consumir alimentos baixos en sal e azucre dende a infancia, evitando o uso excesivo de salsas comerciais. A froita, os zumes naturais e os lácteos xa conteñen azucres naturais, polo que non é necesario engadir máis.
  • Opta por alimentos frescos e de tempada. Estes adoitan ser máis nutritivos e con menos azucres ou sales que os produtos procesados.

Preparación segura dos alimentos: recomendacións da OMS

 
cociña en familia  

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020