Mellora a túa hixiene postural no traballo en só 6 pasos

1 de Xullo de 2021
Tanto se traballas de pé como sentada ou sentado, se realizas esforzo físico ou colles pesos, a postura do teu corpo tenderá a ser incorrecta ao cabo das horas. Facer exercicios sinxelos como os que che presentamos aquí axudaranche a mellorar a túa hixiene postural. Non che restarán produtividade, ao contrario, gañarás en saúde e isto repercutirá positivamente no teu traballo.   
  

As malas posturas pásannos factura.

A cantidade de horas que pasamos traballando ao longo dos anos e os malos hábitos posturais adquiridos terminan por influír na saúde. Moitas persoas están obrigadas a permanecer toda a xornada laboral sentadas diante dun computador, outras teñen que soportar cargas continuas en movementos repetitivos ou conducir durante horas ou mesmo teñen que estar de pé sen apenas realizar desprazamentos.
Sexa cal for a túa profesión, as posturas incorrectas e prolongadas en calquera posto de traballo fan que o teu corpo se acabe adaptando ao que fas a diario, che provoquen desequilibrios musculares, che limiten a mobilidade, che produzan dores ou malestar.

 

 

Sabes de que estamos a falar, verdade?

Propoñémosche algúns exercicios sinxelos para que os intercales entre os teus quefaceres laborais. Descansos moi curtos que che axudarán a atoparte mellor o resto do día. Se traballas na oficina, procura levantarte cada hora para estirar as pernas e a facer algún estiramento sinxelo. É cuestión de adquirir a rutina!

 
Restablécete e mellora a túa saúde en 7 movementos.

Poucas veces atoparás un plan tan pequeno con tantos resultados. Próbao e notarás a diferenza.
 
1. Sentar cos pés totalmente apoiados no chan, separados á altura das túas cadeiras e aliñados cos ombreiros.
 Postura Sentado.png

 
2. Coloca as túas mans detrás da cabeza e estende a columna.    
 
1.jpg
 
3. Estira unha perna e inclínate cara adiante. Tenta non sacar “chepa”. Mantén as costas rectas. Repite o estiramento coa outra perna. 
3.jpg
  
4. Cruza unha perna sobre a outra e estira a columna. A sensación é a de que a túa cabeza quere tocar o teito. Mantén as costas rectas. Repite o estiramento cruzando a perna contraria.    
4.jpg  
 
5. Inclina a cabeza cara ao lado esquerdo, suxeitándoa coa túa man esquerda, mentres coa dereita agarras o bordo do asento. Mantén as costas rectas. Repite o estiramento inclinando a cabeza cara ao lado dereito, suxeitándoa coa túa man dereita mentres agarras a cadeira coa man contraria.    
5.jpg
 
6. Inclínate lateralmente tentado levar a man preto do chan. Alonga o outro brazo cara arriba en vertical. Repíteo cara ao outro lado.  
0.jpg

7. Entrelaza as mans, eleva os brazos cara ao teito. Inspira moito aire e estende a columna. Non importa que nos ensinaran que non é de educación estirarse en público; as túas costas agradecerancho.  
6.jpg
    
E se cambias a cadeira por un fitball?  
O fitball é un balón de aire que se utiliza moito en determinadas actividades como pilates. É un aliado fantástico para traballar na casa ou na oficina e alternar coa cadeira tradicional porque provoca certa inestabilidade que che obriga a contraer os músculos do abdome para manter o equilibrio. Ese sinxelo xesto manterá a túa columna recta.
 
Hai unha talla de balón para ti. Dependendo da túa estatura, haberás de seleccionar o máis adecuado no teu caso, de acordo con esta táboa
 
 
Altura            1,55 - 1,69 m         1,70 - 1,85 m           1,88 - 2,03 m
 
Diámetro            55 cm                   65 cm                     75 cm
 
 
Agora que xa sabes que tamaño de balón necesitas utilizar, aprende cal é a postura correcta.
 
7.JPG
  • Coloca a cadeira máis alta que os xeonllos e sentar lixeiramente cara a adiante (nunca cara atrás)
  • Tenta levar os teus ombreiros cara atrás, “saca” peito pero evita “sacar chepa” 
  • Mira á fronte e  “estírate”; crece como se quixeses alongar a columna. 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020