Horas de sono recomendadas na infancia

13 de Xaneiro de 2021
Tempo estimado de lectura: 2 min
 
 
O sono é fundamental para unha saúde óptima en nenos e adolescentes. Os membros da Academia Estadounidense da Medicina do Sono desenvolveron unha serie de recomendacións.
 
reloj.jpg
 
Lembra:
  • Durmir o número de horas recomendadas e de xeito regular asóciase con mellores resultados de saúde incluíndo: mellor atención, comportamento, aprendizaxe, memoria, regulación emocional, calidade de vida e saúde física e mental.
  • Pola contra, durmir menos que o número das horas recomendadas está relacionado con problemas de atención, comportamento e aprendizaxe.
  • O sono insuficiente tamén aumenta o risco de accidentes, lesións, hipertensión, obesidade, diabetes e depresión.
    • 4 a 12 meses. Horas de sono recomendadas para favorecer una saúde óptima: 12 a 16 horas (incluídas as siestas)
    • 1 a 2 anos. Horas de sono recomendadas para favorecer una saúde óptima: ​11 a 14 horas (incluídas as siestas)
    • ​3 a 5 anos. Horas de sono recomendadas para favorecer una saúde óptima: ​10 a 13 horas (incluídas as siestas)
    • ​6 a 12 anos. Horas de sono redomendadas: ​9 a 12 horas
    • ​13 a 18 anos. Horas de sono recomendadas: ​8 a 10 horas
 
Importante:
  • Non se inclúen​ as recomendacións para bebés menores de 4 meses debido á ampla gama de variación normal na duración e patróns de sono. 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020