Teño un embarazo múltiple

Tempo estimado de lectura: 1 min 45 sg


O embarazo múltiple é aquel no que se desenvolven máis dun bebé. É ese o teu caso? Parabén. O teu obstetra e matrona xa che explicarán que necesitas máis controis que nun embarazo normal e por iso che realizará o seguimento o equipo de xinecoloxía no teu hospital de referencia. Sabías que entre o 30 e 35 % dos embarazos con estimulación ovárica ou técnicas de reprodución asistida son embarazos múltiples? Só un 1-2 % do total de embarazos espontáneos son múltiples.

Cando son xemelgos e cando "mellizos"?

Probablemente xa escoitaches os termos monocigótico e dicigótico. A clave está na fecundación:

Un embarazo dicigótico é cando temos dous óvulos fecundados por senllos espermatozoides. Terás dous xemelgos non idénticos, tamén chamados “mellizos”. Cada bebé ten a súa propia placenta e bolsa amniótica.
Un embarazo monocigótico é aquel en o que un espermetazoide fecunda un óvulo. O óvulo fecundado divídese. Terás dous xemelgos idénticos.
No caso dos xemelgos idénticos, poden darse 4 situacións:
  • Dúas placentas e dúas bolsas amnióticas, como os “mellizos”.
  • Unha única placenta e dúas bolsas amnióticas, unha por cada bebé.
  • Unha única placenta e unha única bolsa amniótica. 
  • Siameses. 

 

EmbarazoMultiple1.jpg 

​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020