Campaña 2025 de vacinación fronte á gripe e á Covid-19

Tempo estimado de lectura: 4 min 30 seg
Autor: Xanela Aberta á Familia
 

O pasado día 29 de setembro de 2025 deu comezo a campaña de vacinación anual fronte á gripe en Galicia, que se desenvolverá ata o 31 de decembro deste ano. Nesta edición, os centros de saúde de atención primaria constitúen o eixo central da campaña 2025/26, actuando como principais puntos de administración das vacinas fronte á gripe e á COVID-19.

Tal como noutras campañas, a vacinación foi secuencial iniciándose nas residencias de maiores e nos centros de discapacidade, onde os equipos de atención primaria se desprazaron para realizar a vacinación in situ, achegando así a inmunización ás persoas residentes e aos traballadores.

Mediante SMS están sendo citadas proactivamente as persoas de 60 anos ou máis, así como os nenos e nenas de entre seis meses e 11 anos, para vacinarse fronte á gripe, e as persoas de 70 anos ou máis para vacinarse fronte á COVID-19. Estas persoas son vacinadas nos seus centros de atención primaria, co obxectivo de consolidar o modelo de vacinación de proximidade e facilitar o acceso da poboación ás vacinas.

Como novidade, levouse a cabo o programa piloto de vacinación infantil fronte á gripe, desenvolvido en  55 centros escolares, no que participaron nenos e nenas de entre 3 e 11 anos, que recibiron a vacina intranasal, favorecendo así unha maior aceptación da vacinación nesta franxa de idade.

A vacina antigripal trivalente de “alta carga” foi introducida para persoas de 70 a 79 anos (antes reservada a persoas de 80 anos ou máis).

A vacinación antigripal está tamén dirixida ás persoas  de 60 anos ou máis, mulleres embarazadas, persoas fumadoras e profesionais sanitarios e sociosanitarios, entre outros grupos de risco.

Un dos principais obxectivos é acadar unha cobertura vacinal do persoal sanitario e sociosanitario de polo menos un 75%, reforzando a protección deste colectivo esencial.

 

Obxetivos específicos (vacinación antigripal)

  • Acadar unha cobertura na poboación de 60 ou máis anos igual ou superior ao 75%.
  • Acadar unha cobertura vacinal nos traballadores sanitarios do Servizo Galego de Saúde e traballadores sociosanitarios superior ao 75%.
  • Acadar unha cobertura vacinal nas mulleres embarazadas superior ao 60%.
  • Acadar unha cobertura vacinal nos nenos e nenas de entre 6 meses e 11 anos de idade do 60%

Indicacións para vacinación antigripal e covid

A vacinación conxunta fronte a gripe e a covid está indicada nos seguintes grupos:

  • Persoas de 70 e máis anos
  • Persoas de 12 anos ou máis residentes en institucións pechadas (tales como residencias de maiores, centros de discapacidade, etc.) 
  • Embarazadas en calquera trimestre da xestación
  • Persoas de 12 a 69 anos de idade con condicións de risco
  • Conviventes con persoas de alto risco

Considéranse grupos de risco os seguintes:

DM, síndrome de Cushing. Obesidade mórbida (IMC≥40 en adultos, ≥35 en adolescentes o u ≥DS na infancia). Enfermidades crónicas cardiovasculares, neurolóxicas ou respiratorias, incluindo a displasia broncopulmonar, fibrose quística e asma. Enfermidade renal crónica e síndrome nefrótica. Hemoglobinopatías e anemias ou hemofilia, outros trastornos da coagulación e trastornos hemorráxicos crónicos, así como receptores de hemoderivados e transfusións múltiples. Asplenia ou disfunción esplénica grave. Enfermidade hepática crónica, incluíndo alcoholismo crónico. Enfermidades neuromusculares graves. Inmunosupresión (incluíndo as inmunodeficiencias primarias e a orixinada pola infección por VIH, por fármacos, así como os receptores de transplantes e déficit do complemento). Cancro e hemopatías malignas. Fístula de líquido cefalorraquídeo e implante coclear ou en espera del. Trastornos e enfermidades que supoñan disfunción cognitiva: síndrome de Down, demencias e outras.

Indicacións para vacinación antigripal

  • Poboación infantil de entre 6 meses e 11 anos
  • Poboación adulta de 60 a 69 anos
  • Persoas con risco de presentar complicacións:

    - Enfermidade celíaca

    - Enfermidade inflamatoria crónica

  • Tratamento prolongado con AAS
  • Fumadores activos
  • Mulleres durante o puerperio (ata os 6 meses postparto e que non se vacinaran durante o embarazo)
  • Estudantes en prácticas de centros sociosanitarios
  • Persoal educativo dos cursos de nenas e nenos de 11 ou menos anos
  • Persoal con exposición laboral directa en explotacións porcinas, avícolas, granxas de visóns ou fauna silvestre
  • Gandeiros, veterinarios, traballadores en granxas, cazadores, ornitólogos, axentes medio ambiente, zoolóxicos
 
 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020