Recomendacións de actividade física na adolescencia

20 de Outubro de 2022

Tempo estimado de lectura: 4 min

​​​

Os novos hábitos xerados polo desenvolvemento tecnolóxico e pola organización económica e social actual, están a provocar que a poboación adolescente, non alcance os niveis de actividade física recomendados, afectando negativamente á súa saúde física, psíquica e social, presente e futura.

A continuación preséntase un resumo das recomendacións mínimas de actividade física para a poboación adolescente de 10-12 a 17 anos:

  • Recomendacións: 
    • Realizar polo menos 60 min/día de actividade física de intensidade entre moderada e vigorosa. Estes 60 minutos poden alcanzarse tamén sumadno períodos máis curtos ao longo do día
    • Incluir, al menos 3 días/semana, actividades de intensidade vigorosa e actividades de intensidade vigorosa e actividades de fortalecemento muscular e de mellora da masa ósea que inclúan grandes grupos musculares
  • Ter en conta que:
    • Se non cumpren coas recomendacións, aumentar gradualmente a súa actividade de maneira que aprenda a gozar coa actividad física. Unha forma sinxela de comezar é incorporar a actividade física á vida cotiá
    • Se cumpre coas recomendacións, reforzar que continúe realizando actividade física, ou tratar de aumentar a actividade diaria. A evidencia científica suxire que realizar actividade física por encima dos mínimos recomendados, proporciona beneficios adicionáis para a saúde.
    • Se supera as recomendacións, manter o seu nivel de actividade e tratar de combinar varios tipos de actividade física
yoga.jpg
 

Observacións sobre as recomendacións de actividade física

  1. Débese alentar a nenos e nenas a participar en actividades físicas que axuden ao desenvolvemento natural e sexan pracenteiras e seguras.
  2. Sempre que sexa posible, nenos e nenas con discapacidade deberían cumprir as recomendacións. Con todo, conviría que consultasen co seu médico para asegurarse de que coñecen ben os tipos e cantidade de actividade física apropiados para eles e/ou elas, tendo en conta a súa discapacidade.
  3. Estas recomendacións son aplicables a todos os nenos e nenas, con independencia do seu xénero, raza, etnia ou nivel de ingresos.
  4. Os niveis de actividade física recomendados para a poboación adolescente engadiranse ás actividades físicas realizadas no transcurso da actividade diaria habitual non recreativa.
  5. Todos os nenos e nenas deberían realizar diariamente actividades físicas en forma de xogos, deportes, desprazamentos, actividades recreativas, educación física ou exercicios programados, no contexto da familia, da escola e das actividades comunitarias.
  6. No caso dos nenos e nenas inactivas, recoméndase aumentar progresivamente a actividade ata alcanzar os niveis indicados.
  7. Sería apropiado comezar con pequenas doses de actividade, para ir aumentando gradualmente a súa duración, frecuencia e intensidade. Hai que sinalar tamén que se nenos e nenas non realizan actualmente ningunha actividade física, a práctica desta en niveis inferiores aos recomendados reportaralles máis beneficios que a inactividade.

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020