A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) é unha organización dependente da Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables, que se crea a raíz do Plan Obesidade Zero en Galicia 2022-2030, co fin de potenciar todas aquelas estratexias locais que melloren a saúde da poboación.
Cales son os nosos obxectivos?
- Promover estilos de vida saudables na poboación galega.
- Establecer un nexo de unión entre todos os actores relacionados coa promoción da saúde no ámbito local.
- Analizar a situación en cada territorio galego para optimizar os recursos existentes, levar a cabo boas prácticas e implementar accións para a mellora da saúde da comunidade.
- Elaborar un mapa de recursos e actividades comunitarias a través da plataforma Atopa Saúde.
- Desenvolver liñas estratéxicas do Plan Obesidade Zero en Galicia.
Que permite adherirse a REGAPS?
- Participar nun marco común de traballo compartido con outras entidades para beneficiarse de todas as boas prácticas e a experiencia acumulada, co fin de avanzar na promoción de saúde a nivel local.
- Recibir propostas de programas e actividades dirixidas a fomentar e conseguir unha poboación máis saudable no ámbito político, educativo, social e sanitario.
- Dispor dun informe de situación do municipio e mapa de activos para a saúde a través da plataforma Atopa Saúde. Accede á ferramenta nesta ligazón.
- Recibir formación, capacitación, asesoramento e apoio técnico en materia de promoción da saúde mediante cursos, xornadas e actividades
- Garantir a difusión e a potenciación das distintas actividades e intervencións comunitarias ofertadas por cada entidade
- Facilitar a adhesión a outras redes co fin de obter financiamento para levar a cabo actuacións que promovan contornos saudables
- Establecer unha rede de saúde no municipio que permita xerar un marco de traballo participativo entre todos os actores relacionados coa promoción da saúde na comunidade
- Conseguir a inclusión en plataformas en liña como entidade comprometida coa promoción da saúde
Que necesito facer para adherirme a REGAPS?
- Designar un representante para establecer unha canle de comunicación directa co equipo da REGAPS.
- Colaborar coa REGAPS para levar a cabo iniciativas de promoción da saúde.
- Remitir o formulario de adhesión cos datos de contacto.
Acceso ao formulario
Unha vez completado o formulario, o equipo de responsables de área poñerase en contacto con vostede.
Pode consultar os organismos adheridos á rede premendo aquí.