O sal na alimentación infantil

Tempo estimado de lectura: 6 min

O sal de mesa contén sodio (nunha proporción de algo menos que a metade). A achega excesiva deste elemento relaciónase, entre outras, con hipertensión arterial que á súa vez é un factor de risco de enfermidades cardiovasculares. O consumo de sal na nosa poboación infantil é elevado. As fontes principais son os produtos elaborados, as salsas e a panadería industrial, os produtos de repostería e os embutidos.
 
Algúns estudos recentes sinalan que os nenos e as nenas españois consumen unha media de 7,8 gr de sal por día, o que supera o límite máximo recomendado para calquera idade, tamén para a etapa adulta. Ademais, o grupo de idade inferior aos 10 anos acada unha maior prevalencia no consumo excesivo deste mineral.
 
Aínda que as autoridades sanitarias identificaron como límite superior un consumo de 5g de sal/día (a calquera idade), recentemente o Institute of Medicine fixou un límite más baixo para a infancia e adolescencia. Estes valores toman ademais como referencia a prevención das enfermidades crónicas no futuro, xa que logo o consumo excesivo de sal considérase un factor dietético asociado ás mesmas.
 
 
sal.jpg 
 
Recomendacións
  • Para introducir novos alimentos na dieta, evitade produtos moi saborizados e procesados. O obxectivo é adquirir hábitos alimentarios correctos mediante os sabores naturais dos alimentos.
  • Facede un repaso cos produtos que tomamos ao día de xeito habitual e que poden conter máis sal. Eses constitúen os nosos obxectivos e non os que tomemos de xeito ocasional. Por exemplo, as galletas habituais no almorzo, as salsas que usamos para a pasta, o arroz e a carne picada; a crema de untar para todas as merendas da semana, o embutido para o bocadillo diario etc.
  • Lede SEMPRE a etiqueta nutricional e elixide as opcións menos salgadas para alimentos de consumo frecuente.
  • Utilizade pan do día anterior para preparar as tostas do almorzo (lembrade non torralas moito!).
  • Facede repostería en familia. Os ingredientes controladelos vos!. E así podedes evitar o sal.
  • Para a merenda da escola, engadir preferentemente froita fresca, iogures, queixo fresco baixo en sal, etc.
  • Comprade para consumo frecuente as carnes e os peixes minimamente procesados. Limitade outras preparacións tipo “burguer” a un consumo mínimo ao longo do mes.
  • Substituíde bocadillos a base de embutidos por outras opcións mais saudables para a merenda segundo a táboa que amosamos a continuación: crema para untar no pan a base de aguacate e hummus de vexetais, pan con aceite, froitos secos sen sal, queixo fresco, batidos de froita e leite, bocadillos con tortilla, con filete de polo á prancha, etc.
  • Cociñade e conxelade alimentos xa preparados, sexan carnes, peixes ou salsas a base de vexetais. Terédelos listos para consumir cando queirades e dun xeito máis saudable.
  • Lembrade que as conservas vexetais e de peixe poden constituír boas opcións, sempre que o consumo sexa ocasional.
A continuación amosamos información da cantidade máxima de sal diario indicado para a infancia e adolescencia en función dos grupos de idade.
  • 1-3 anos:
    • Achega adecuada de sodio: 800 mg/día
    • Cantidad equivalente en sal: 1.6 gr aprox
    • Recomendación baseada na prevención das enfermidades crónicas: reducir achega se é superior a 1200 mg
  • 4-8 anos:
    • Achega adecuada de sodio: 1000 mg/día
    • Cantidad equivalente en sal: 2 gr aprox
    • Recomendación baseada na prevención das enfermidades crónicas: reducir achega se é superior a 1500 mg
  • 9-13 anos:
    • Achega adecuada de sodio: 1200 mg/día
    • Cantidad equivalente en sal: 2.4 gr aprox
    • Recomendación baseada na prevención das enfermidades crónicas: reducir achega se é superior a 1800 mg
  • 14-18 anos:
    • Achega adecuada de sodio: 1500 mg/día
    • Cantidad equivalente en sal: 3 gr aprox
    • Recomendación baseada na prevención das enfermidades crónicas: reducir achega se é superior a 2300 mg
A continuación móstrase o contido medio aproximado, segundo fabricante, dalgúns alimentos que adoitan formar parte da dieta infantil. É importante sinalar que nunha soa comida pódese acadar os valores máximos permitidos, en particular para os menores de 4 anos. 
  • "Gusanitos".
    • Contido medio en sal: 0.8 gr/100gr de alimento
    • Contribución ao total diario para escolares de 9-13 anos (recomendación de 2.4 gr sal/día): 33%
  • Queixo en porcións.
    • Contido medio en sal: 0.9 gr/100gr de alimento
    • Contribución ao total diario para escolares de 9-13 anos (recomendación de 2.4 gr sal/día): 37%
  • Pan para perritos, pizzas conxeladas.
    • Contido medio en sal: 1 gr/100gr de alimento
    • Contribución ao total diario para escolares de 9-13 anos (recomendación de 2.4 gr sal/día): 41.6%
  • Queixo tipo Cheddar ou Gouda.
    • Contido medio en sal: 1.3 gr/100gr de alimento
    • Contribución ao total diario para escolares de 9-13 anos (recomendación de 2.4 gr sal/día): 54%
  • Salchichas.
    • Contido medio en sal: 1.4 gr/100gr de alimento
    • Contribución ao total diario para escolares de 9-13 anos (recomendación de 2.4 gr sal/día): 58%
  • Croquetas conxeladas.
    • Contido medio en sal: 1.5 gr/100gr de alimento
    • Contribución ao total diario para escolares de 9-13 anos (recomendación de 2.4 gr sal/día): 62%
  • Ketchup.
    • Contido medio en sal: 1.8 gr/100gr de alimento
    • ​Contribución ao total diario para escolares de 9-13 anos (recomendación de 2.4 gr sal/día): 75% ​
  • Chourizo, salchichón.
    • Contido medio en sal: 3 gr/100gr de alimento
    • Contribución ao total diario para escolares de 9-13 anos (recomendación de 2.4 gr sal/día): 125%​
Salchichas.jpgpizza-gbb5458cf6_640.jpgchorizos.jpg
 
 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020