Hábitos saudables despois do Nadal

 

As festas do Nadal son momentos de celebración, unión familiar e con amizades e, para moitos, moita comida e bebida. Os banquetes adoitan estar cheos de pratos deliciosos que poden levar a un consumo excesivo de alimentos ricos en graxas, azucres e calorías. Despois destas festividades, é común sentir a necesidade de retomar un patrón alimentario máis saudable. A adopción de hábitos nutricionais axeitados despois das festividades é esencial para restablecer a harmonía na nosa alimentación e benestar. Imos ver como podemos levalo a cabo.

 

Cambio progresivos no tempo


O retorno a unha alimentación equilibrada despois das festividades pode resultar desafiante. Os excesos de alimentos ricos en graxas, azucre e calorías poden desregular o noso metabolismo e afectar a nosa saúde dixestiva. Con todo, o cambio cara a adquisición de hábitos alimentarios máis saudables non debe ser repentino nin agresivo, senón progresivo e consistente.



Consumo de alimentos locais e de temporada


Recoméndase unha dieta rica en froitas, verduras, cereais integrais, proteínas magras e graxas saudables. Estes alimentos proporcionan nutrientes esenciais para o organismo e son fundamentais para restablecer o equilibrio nutricional.



Planificación e preparación de comidas


A planificación de comidas xoga un papel crucial na transición cara unha alimentación máis saudable. Elaborar un plan semanal que inclúa opcións variadas e equilibradas simplifica o proceso de adaptación. Preparar comidas en casa permite controlar os ingredientes e promove eleccións máis saudables.



Reeducar o paladar


Despois de períodos de consumo excesivo de alimentos ultraprocesados, cunha gran cantidade de azucre, sal, aromatizantes ou graxas vexetais, o paladar pode estar acostumado a sabores intensos e doces. É importante reeducalo gradualmente para apreciar e gozar os sabores naturais dos alimentos frescos. Reducir gradualmente o consumo de azucre e alimentos altamente procesados poxe axudar a restablecer a sensibilidade do paladar.

Ademais, aínda que non forme parte da alimentación, un descanso adecuado e a realización de actividade física, son fundamentais para restablecer uns bos hábitos alimentarios.

O camiño cara a uns hábitos nutricionais saudables despois das festividades implica unha combinación do consumo de alimentos saudables, planificación e a reeducación do paladar. Adoptar hábitos nutricionais equilibrados é esencial para cultivar un estilo de vida saudable e sostible a longo prazo. A alimentación nutritiva non só beneficia a saúde física, senón que tamén impacta positivamente no benestar xeral.

 

Bibliografía:

  1. Organización Mundial da Saúde (OMS). (2020). "Nutrición". https://www.who.int/health-topics/nutrition.
  2. American Heart Association. (2021). "Alimentación Saudable". https://www.heart.org/en/healthy-living/healthy-eating.
  3. Escola de Saúde Pública Harvard T.H. Chan. (2021). "Prato de Alimentación Saudable e Pirámide de Alimentación Saudable". https://www.hsph.harvard.edu/nutritionsource/.

 

 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020