O leite é un dos alimentos de orixe animal máis valorado na nosa sociedade grazas o seu elevado contido en nutrientes, que proporcionan efectos beneficiosos para a saúde, sobre todo nas primeiras etapas de crecemento.
Os produtos lácteos destacan polo seu elevado contido en proteínas de alto valor biolóxico e por ser unha fonte de calcio e vitaminas.
A importancia do consumo de leite e os seus beneficios
- O leite é unha fonte de proteínas de alto valor biolóxico. Ademais, o seu contido no aminoácido lisina é un complemento perfecto para combinalo cos cereais, xa que carecen deste elemento, mellorando o valor total da proteína que consumes.
- As proteínas lácteas teñen propiedades como o efecto hipotensor (reducción da presión arterial), propiedades antimicrobianas ou substratos da proteína muscular.
- O principal hidrato de carbono presente no leite é a lactosa, que favorece a absorción do calcio, especialmente en persoas con dificultades na absorción de nutrientes.
- É promotor da flora intestinal nos nenos que se alimentan de leite materno, actuando como defensor da mucosa intestinal contra microorganismos.
- A graxa láctea contén ácidos graxos de fácil absorción, o que supón unha fonte de enerxía inmediata e presentan unha baixa tendencia a ser almacenados no tecido adiposo.
- A graxa láctea ten asociados outros beneficios para a saúde como os beneficios metabólicos, antimicrobianos e antivirais.
- Os lácteos son ricos en minerais como o calcio, o fósforo, magnesio, zinc e potasio.
- O calcio, presente nos lácteos, é fundamental para o crecemento e o desenvolvemento nas primeiras etapas de vida, contribuíndo nunha saúde óptima do esqueleto e a unha maior densidade mineral ósea en idades máis avanzadas.
Ademais o World Cancer Research Found e o American Institute for Cancer Researche afirman que o consumo habitual de leite ten un efecto protector fronte o cancro colorectal (evidencia probable) e fronte o cancro de vexiga (evidencia limitada).