Tempo estimado de lectura: 6 min 15 seg
Autor: Yudit González Núñez
Despois da Segunda Guerra Mundial, puido constatar que as nenas e os nenos orfos e sen fogar presentaban graves dificultades emocionais e relacionais. A Organización das Nacións Unidas (ONU) pediulle ao psiquiatra e psicanalista John Bowlby (1907-1990) que elaborase un estudo sobre o tema, e que denominou "privación materna".
Con posterioridade elaborou a Teoría do Apego, que definiu como “o resultado da activación de sistemas de conduta que teñen unha meta: establecer unha relación especial con outro individuo concreto”.
A teoría do apego céntrase na importancia para a vida do establecemento dunha relación de seguridade con polo menos unha persoa coidadora principal, para que o desenvolvemento social e emocional prodúzase con normalidade. O apego é transversal en todas as comunidades humanas, e en moitas especies de mamíferos.
Dende os primeiros instantes de vida, as persoas poñemos en marcha condutas (o pranto, o sorriso, a mirada…) que incrementan a probabilidade de recibir atención e coidados nos brazos de persoas adultas que son sensibles e receptivas a esa interacción, e con iso, aumentar as posibilidades de sobrevivir.
Se se dá a presenza de persoas coidadoras afectuosas, consistentes e estables durante algúns meses na infancia, o bebé empezará a buscalas como figuras de apego: serán unha base segura para explorar o mundo e un refuxio seguro ao que regresar de novo tras a aventura.
En que condicións se establece un vínculo seguro entre a nena ou o neno e a persoa coidadora? Como se converte esta en figura de apego?
- Estabilidade e constancia na atención: durante os primeiros meses de vida mantense presente como principal persoa coidadora.
- Comprensión de que o/a bebé é unha persoa en si mesma, diferenciada das demais, con necesidades propias e caracterís:cas que a definen.
- Sensibilidade para supoñer en cada circunstancia as necesidades e intereses da nena ou o neno, e eficacia para atendelas, Chora porque ten sono? Axúdolle a durmirse. Agora quizais chora porque ten fame?
- Suficiente autorregulación emocional para sobrepoñerse ao cansazo, enfado, impotencia, medo… que acompañan a tarefa de ser mamá ou papá.
- E se non acertas no primeiro intento? O neno, a nena, daran novas oportunidades: podes reparar a túa resposta, facendo algo diferente na procura dun resultado mellor.
A reacción das persoas coidadoras (nais, pais…) leva ao desenvolvemento de patróns de apego que lles permiten ás nenas e aos nenos experimentar tres aspectos moi importantes:
- Son unha persoa digna de ser amada e coidada? Son importante para alguén?
- O mundo é un lugar seguro e no que podo confiar? ou é un contexto hos:l ou violento?
- Podo obter o que necesito?
Estas vivencias tradúcense na formación das estruturas cerebrais, e xerarán modelos internos que guiarán ao longo da vida as súas percepcións, emocións, pensamentos e expectativas nas relacións que estableza.
Durante a infancia, a ansiedade pola separación, ou a dor tras a perda dunha figura de apego, considérase unha resposta normal e adaptativa cando se estableceu un apego seguro.