Tempo estimado de lectura: 6 min
O uso seguro e responsable das tecnoloxías dixitais achega moitos beneficios. Sen ningunha dúbida. Pero tamén temos que ser conscientes dos riscos que poden presentarse.
A falta de normas e límites pode facilitar que os/as nenos/as, e os/as adolescentes estean máis expostos a contidos potencialmente daniños e violentos, e a un maior risco de sufrir ciberacoso.
Sabes que é o ciberacoso?
O grooming, tamén coñecido como sextorsión ou ciberacoso sexual, é o engano dun adulto a través de internet para gañar a confianza dun/dunha menor de idade con fins sexuais.
A diferenza do acoso sexual puntual, é unha acción deliberada e planificada que normalmente implica a previa procura e selección dunha vítima que responde aos gustos do acosador.
O acosador ou groomer utiliza os medios ou canles que lle ofrece a tecnoloxía para camuflar a súa identidade e achegarse a un/unha menor con técnicas de engano e persuasión para lograr o seu obxectivo.
E faino seguindo unhas fases:
Fase de amizade: o acosador faille preguntas á vítima para coñecela, quere saber a súa idade, os seus gustos, afeccións… todo iso para adaptarse aos/ás nenos/as e xente nova, ter aspectos en común e gañar a súa confianza.
Fase de fidelización: tras facerse amigo, o acosador asegúrase de que a súa vítima queira seguir falando con el. Converterase nun grande amigo/a da internet. Fará moitas preguntas sobre el/ela e logo seguirá interesándose en temas familiares.
Fase de sedución: comezará a incluír temas sexuais nas charlas e tentará intercambiar imaxes provocativas de contido sexual. Adularao para que non desconfíe e siga enviando imaxes. Seducíndoo/a e xerando un sentimento de débeda nel/ela, o acosador logrará que cumpra a maioría das súas solicitudes.
Fase de acoso: coa información privada e as súas imaxes, o obxectivo é establecer unha relación sexual, aínda que en principio sexa virtual. Ameazará con publicar esas imaxes ou envialas aos seus contactos e chantaxear para lograr máis ou mesmo un contacto físico.

E, que consecuencias ten o grooming
Os/as nenos/as e adolescentes que sofren este tipo de acoso adoitan volverse introvertidos/as e esquivos/as. Cambian a súa forma de socializar na casa, encerrándose con frecuencia no cuarto ou no baño, conectándose cando os demais dormen sempre á mesma hora… Ademais, poden presentar problemas para durmir, inapetencia, ansiedade, diarreas ou manifestacións psicosomáticas como dores de estómago, de cabeza ou afeccións de pel.
As vítimas tenden a ocultar o que lles sucede por vergoña ou culpabilidade dilatando así a chantaxe no tempo e aumentando os danos.
Recomendacións para os/as menores
Recomendación para os pais e as nais
En caso de detectar unha situación de abuso, acoso ou coacción, hai que denunciala inmediatamente. Para iso, será moi útil recompilar, por moi desagradable que sexa, toda a información e detalles posibles: copias das conversacións, pantallazos, imaxes… Unha vez comunicado o posible delito, o primordial é centrarse en apoiar o rapaz ou rapaza que o sufriu. Ofrecerlle cariño, seguridade, e a confianza para evitar que se sinta culpable ou xulgado/a polas súas accións. Achegarnos á Oficina de Atención á Vítima e buscar axuda psicolóxica tamén será moi útil para saír da situación.
É importante educar os/as menores na prevención e facerlles ver o que pode ocorrer se comparten na internet imaxes íntimas ou comprometidas, ou se aceptan a descoñecidos/as nas súas redes sociais ou nos seus xogos en liña.