Día Mundial da Obesidade: Andaina Gastamos Pista

27 de Febreiro de 2023
Para conmemorar o Día Mundial da Obesidade, a Dirección Xeral de Saúde Pública, no marco do Plan Obesidade Zero en Galicia, organiza a andaina GASTAS PISTA. Este lema forma parte da campaña de comunicación do plan para promover a actividade física e o deporte como factor protector fronte ao sobrepeso e a obesidade.
 
Por todo isto, invitámoslle a GASTAR PISTA no Día Mundial da Obesidade, para sumar, entre todos e todas, pasos decisivos na procura dunha boa saúde.
 
Esperámoslle o día 4 de marzo de 2023 para percorrer, os últimos 5 km da maior pista do mundo, o Camiño de Santiago.
 
Por favor, inscríbase enviando un correo ao enderezo Vida.Saudable.Eps@sergas.es, antes do vindeiro 1 de marzo.
 
Gastemos pista, paso a paso, xuntos e xuntas.
 
Andaina Gastas Pistas.JPG
 
 
 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020