Vacinas na adolescencia

Tempo estimado de lectura: 2 min 30 sg

A adolescencia é un excelente momento para revisar o estado da vacinación e completala se é preciso:
  • Vacina triple vírica: todo aquel adolescente que non recibira dúas doses desta vacina, deberá completar a pauta de vacinación poñendo as vacinas que lle faltan. Esta vacina está contraindicada en caso de embarazo ou en persoas inmunodeprimidas.
  • Vacina fronte a hepatite B: deberá revisarse se ten 3 doses administradas e completar a vacinación se fose necesario.
  • Vacina fronte á varicela: os e as adolescentes que non pasaran a enfermidade e que non foran vacinados, teñen que recibir dúas doses desta vacina ou unha soa dose se xa recibiron unha dose con anterioridade. Esta vacina está contraindicada en caso de embarazo ou en persoas inmunodeprimidas.
Inyectaraaaaa.jpg 
 
 Ademais, para cumprir co calendario de vacinación, aos 12 anos de idade, os e as adolescentes deberán recibir:
  • A vacina fronte ao meningococo: debe asegurarse a correcta vacinación en adolescentes ata os 18 anos de idade. Nesta idade, a vacina fronte ao meningococo que se administra ten unha protección máis ampla (protexe fronte a máis tipos de meningococo). O seu profesional sanitario lle indicará cal é a vacina adecuada para esta idade
  • A vacina fronte ao VPH: debe asegurarse a correcta vacinación en nenas adolescentes ata os 18 anos de idade con dúas doses. Administraranse dúas doses pero se a a vacinación se inicia a partires dos 15 anos deben administrarse 3 doses.
Aos 14 anos de idade, ten que administrarse a vacina fronte ao tétano e a difteria. É necesario asegurar a correcta vacinación de toda a poboación adolescente e adulta, polo que se aconsella comprobar o estado da vacinación previa e administrar as doses necesarias para completar un total de 5 doses ao longo da infancia (se ten todas as vacinas recomendadas no calendario infantil, con esta vacina dos 14 anos, xa ten as 5 doses recomendadas). Non se precisan máis doses ata os 65 anos, momento no que se recomenda unha dose de recordo.

Pode pedir cita para vacinarse premendo na seguinte ligazón​
 
Recorde que estas recomendación son xerais polo que se o adolescente pertence a algún grupo de risco, será o seu profesional sanitario quen lle indique se necesita outras vacinas.

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020