Adestra a túa saúde

Tempo estimado de lectura: 2 min 30 seg
Autor: Xanela Aberta á Familia
 

Existen múltiples evidencias de que a actividade física constitúe un elemento de suma importancia na prevención de numerosas enfermidades crónicas, na calidade de vida das persoas e ademais constitúe un compoñente indispensable nos sistemas de sanidade pública. Concretamente, existe evidencia científica de que a mellora da condición física está indicada para a prevención das enfermidades cardiovasculares, algúns tipos de cáncer, para a redución da depresión, o deterioro cognitivo e a dependencia en persoas maiores e para mellorar a osteoartrite e a forza muscular.

A Fundación Deporte Galego é unha entidade que ten por obxecto a promoción e incentivo do deporte e da práctica deportiva en Galicia. Nesta liña, plantéxase a convocatoria para a selección dos concellos galegos que participarán no programa Adestra a túa saúde a fin de implementar actuacións de prescrición de exercicio físico desde os centros de saúde e a posterior derivación a profesionais de actividade física dependentes dos concellos, para a realización, seguimento e avaliación da prescrición médica de exercicio físico.

Os concellos galegos interesados en participar presentarán a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (DE401E), e xuntarán a este procedemento os anexos necesarios (I-V) que figuran nas bases da convocatoria. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo máximo de presentación será de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As bases poderanse consultar na ligazón https://deporte.xunta.gal/convocatorias.

 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020