Recomendacións para previr accidentes

12 de Xaneiro de 2021
Tempo estimado de lectura: 2 min

Recomendacións para previr posibles accidentes nos primeiros meses de vida con relación ao teu bebé:
  • Non o sacudas nin o lances ao aire, podes causarlle un dano importante. Os músculos do seu pescozo son moi débiles e aínda non poden soster a cabeza.
  • Comenta co equipo de pediatría a forma mais segura de deitalo para previr a síndrome de morte súbita do lactante, xa que deitalo boca abaixo duplica este risco. Polo xeral, recoméndase o decúbito supino (deitado boca arriba).
  • Protexe ao teu bebé e ao resto da familia do fume do tabaco. Non permitas que ninguén fume na casa.
  • Cando vaiades nun vehículo usa sempre sistemas de retención adecuados as súas características físicas.
  • Cando o bebé comence a tomar alimentos distintos do leite, mantén a supervisión en todo momento, en particular con pequenos anacos como o pan ou petiscos tipo “gusanitos”.
  • Elixe os xoguetes segundo a idade recomendada para o seu uso. As pezas pequenas son máis fáciles de tragar.
  • Non deixes que xogue con obxectos que poidan cubrir a súa cara ou que poidan provocar asfixia, como por exemplo as bolsas de plástico.
  • Para bañalo, enche con auga fría e logo engade a auga quente ata acadar a temperatura axeitada.
  • Non coloques alimentos nin líquidos quentes preto do bebé.
  • Non o deixes, nin sequera un intre, só na bañeira, aínda que estea nun asento ou anel de baño.
  • Coidado cos golpes de calor cando están expostos a temperaturas elevadas con humidade excesiva sen protección nin hidratación adecuadas. Os menores dun ano son moi vulnerables aos cambios de temperatura xa que teñen menos reserva de auga e unha regulación máis pobre do mecanismo da suor, así como un aparato respiratorio moi inmaturo.
50.jpg 
 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020