A febre

Tempo estimado de lectura: 2 min 30 sg
 
 
A febre é a elevación da temperatura do organismo. É moi frecuente nos primeiros anos de vida. Non é unha enfermidade en si mesma, senón unha resposta como mecanismo de reacción e defensa ante unha infección.
 
Coa elevación da temperatura o organismo facilita a loita das defensas do organismo fronte ás bacterias e os virus que producen as infeccións. Polo tanto, como a febre revela que algo non vai ben o primeiro é identificar cal é o axente que a provoca.
 
O tratamento da febre está orientado a aliviar o malestar. Non é necesario tratar a febre e tentar baixala ata a temperatura habitual.
 
Utilízanse habitualmente o paracetamol ou o ibuprofeno. Ambos se poden dar en gotas ou en xarope, e o paracetamol tamén en supositorios. Non hai probas de que a combinación destes dous medicamentos sexa máis eficaz que o uso dun só para baixar a febre. En calquera caso será o profesional de pediatría o que o valore de forma individual.
 
termometro.png
 
É importante saber:
  • Ante un neno con febre, o máis importante é saber cal é a causa e estar pendente daqueles síntomas que indican problemas (dificultade para respirar, fatiga, irritabilidade ou adormecemento, dor de cabeza intenso, vómitos, manchas na pel, febre mantida en días, febre superior a 40º...) e a conveniencia de consultar ao profesional sanitario.
  • Se o neno non está afectado non gañamos nada tratando a febre.
  • Os antitérmicos poden diminuír a temperatura entre 1 e 1,5 graos.
  • O obxectivo non é alcanzar a temperatura corporal normal.
  • Non é recomendable utilizar antitérmicos para previr unha posible reacción ante as vacinas.
  • O paracetamol pódese administrar cada 4 ou 6 horas, e o ibuprofeno cada 6 ou 8 horas. Se debe consultar sempre a dose adecuada segundo o peso do bebé.
  • É imprescindible manter os medicamentos sempre fóra do alcance dos nenos, xa que a inxesta dunha dose elevada produce toxicidade.

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020