Talvez estea a tentar acceder a este sitio a partir dun explorador seguro do servidor. Active os scripts e recargue a páxina.
Decálogo da lactación materna
11 de Xaneiro de 2021
Tempo estimado de lectura: 2 min 30 sg
A lactación materna é a forma natural de alimentar ao recén nado e ao bebé, xa que logo, durante os primeiros 6 meses de vida non necesitan nada máis. Despois compleméntase con outros alimentos, xa que o leite materno segue a aportar beneficios para ambos os dous.
Cando o bebé nace necesita o contacto pel con pel coa súa nai, así poderá agarrarse ao peito e mamar de forma espontánea. É bo que a parella participe deste momento.
Os bebés necesitan estar xunto á súa nai a maior parte do tempo, así pode ofrecerlle o peito cando se esperta sen esperar a que chore. A familia e a parella colaboran para que a lactación sexa un éxito: nas tarefas da casa, as visitas, os coidados do neno e favorecendo o descanso da nai.
O peito dáse a demanda tanto de día como de noite. A duración de cada toma establécea o bebé. Dirá con xestos cando ten fame. Non necesita tomar auga nin infusións. Tamén, o peito consola ao bebé.
No hospital, pide axuda se te dúbidas ou dificultades para aleitar. Os primeiros días hai costro, é o que o bebé necesita. Evita tetinas e chupetes que poden confundirlle para aprender a mamar ben. O equipo de pediatría é quen pode valorar se o bebé necesita suplementos de leite.
A maioría das nais poden dar de mamar, aínda que teñan xemelgos, estean embarazadas ou aleitando a outro fillo. A doazón aos bancos de leite é un acto de xenerosidade que pode salvar vidas a bebés prematuros. Case todas as mulleres poden ser doantes de leite.
O leite prodúcese segundo o necesita o neno. Ás veces non deixa de pedir, mama pouco ou parece estar incómodo mamando. Cun pouco de paciencia esta crise pasará. Necesita o peito ao seu ritmo.
Dar de mamar é o normal. Non ten por que doer. Unha postura cómoda na nai favorece un bo agarre do bebé ao peito. Se tes problemas pide axuda aos profesionais sanitarios.
O leite materno está listo para que se poida tomar en calquera lugar. Tamén se pode continuar aínda que a mamá se separe do seu bebé. Por exemplo, cando volva traballar. Aprende técnicas para extraer e conservar o teu leite.
Moi poucos medicamentos, enfermidades da nai ou outros motivos contraindican a lactación materna.