Tempo estimado de lectura: 2 min
Estes grupos de alimentos achegan substancias moi beneficiosas para a saúde. Entre outras funcións poden axudar a previr o risco de certas enfermidades metabólicas e cardiovasculares.
-
Baixa achega de sodio e elevada achega de potasio: Axudan a manter a tensión arterial en límites normais e a previr enfermidades cardiovasculares.
-
Protección fronte a moitas
enfermidades graves.
- Gran
variedade de cores, sabores e texturas.
-
Fonte de ácidos graxos esenciais, proteínas, vitaminas e minerais: Elevada densidade nutricional (pouca contribución calórica e alta achega de nutrientes como vitaminas e minerais (folatos, vitamina C, provitamina A...)
-
Sen colesterol: Axudan a manter a tensión arterial en límites normais e a previr enfermidades cardiovasculares
-
Consumo en calquera momento e lugar.
-
Sen glute.
-
Baixa achega graxa.
-
Boa calidade-prezo: Os legumes adoitan ter un prezo accesible todo o ano. Para as froitas e verduras aconsellamos adquirir sempre as propias da tempada.
-
Fonte de fibra alimentaria: Un baixo índice glicémico e unha elevada achega de nutrientes como proteínas e fibra dietética, entre outros, fai dos legumes alimentos imprescindibles para axudar a previr certos desordes metabólicos como a diabetes ou a obesidade.
- Admiten
variedade de preparacións: As preparacións de culler coma as potaxes (combinando hortalizas, legumes e alimentos ricos en carbohidratos como a pasta e o arroz) poden constituír un prato único sen necesidade de engadir carne ou peixe.
- Achegan os nutrientes necesarios en cantidade suficiente.