Quen somos?

Benvido/a.
Somos “Xanela Aberta á Familia”, unha canle de información que nace para asesorar a pais e nais na crianza de nenos e nenas de todas as idades, e na procura do benestar de toda a familia.
Todos os servizos desta plataforma son gratuítos porque somos unha entidade pública, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.
Aquí poderás atopar información, resolver dúbidas, así como contactar connosco a través do noso enderezo electrónico Vida.Saudable.Eps@sergas.es
Inscríbete no noso sistema de avisos e poderás recibir información das novas publicadas que poidan ser do teu interese.

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020