Prevención de disfuncións do solo pelviano

Tempo estimado de lectura: 4 min 30 seg
Autor: Xanela Aberta á Familia
como previr a disfuncion do solo pelviano 

Que é o solo pelviano?

É o conxunto de músculos e ligamentos que se atopan na base da pelve suxeitando a vexiga, o útero e o recto.

Cales son os síntomas dunha disfunción pelviana?

Algúns dos síntomas que podes experimentar se o teu solo pelviano non funciona ben son:

  • Dor pelviana
  • Sensación de peso
  • Disfuncións sexuais femininas. Incontinencia de ouriños ou de feces
  • Prolapsos: un prolapso de solo pelviano implica o descenso ou saída ao exterior de órganos internos como a vexiga (cistocele), o recto (rectocele) ou o útero (prolapso uterino).

Que factores danan o solo pelviano?

  • Os deportes de impacto (saltar, correr)
  • O estrinximento crónico
  • A obesidade
  • A menopausa
  • O embarazo e parto

Como podemos previr disfuncións do solo pelviano durante o embarazo?

Mantendo un estilo de vida saudable nos que se inclúa:

  • Alimentación saudable que evite o estrinximento crónico e a obesidade
  • Hixiene postural
  • Evitar pasar longos períodos de tempo sen ouriñar ou facelo demasiado rápido
  • Evitar o tabaco
  • Evitar exercicios de impacto

Como previr disfuncións do solo pelviano durante o pos-parto?

Do mesmo xeito que no embarazo e durante todas as etapas da vida, mantendo un estilo de vida saudable e incorporando a maiores exercicios de Kegel e hipopresivos.

exercicios para a disfuncion do solo pelviano  

Recursos

Exercicios dinámicos para o traballo da musculatura do solo pelviano

Ver vídeo en Youtube

Exercicios para o tratamento da afectación do solo pelviano

Ver vídeo en Youtube

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020