Ciclo de webinars: novembro coa parentalidade positiva

As condicións nas que as persoas medran, xogan, aprenden e traballan poden modificar e determinar os hábitos saudables de toda unha poboación. Dentro do marco do Plan Obesidade Zero puesto en marcha en Galicia desde a Dirección Xeral de Saúde Pública, o benestar emocional amósase coma un dos factores protectores determinante no estilo de vida das persoas.
 
Durante o mes de novembro de 2022, a Escola Galega de Saúde Pública desenvolveu un innovador ciclo de webinars co obxectivo de ofrecer ferramentas adecuadas para a formación de pais, nais ou coidadores no exercicio da atención ás necesidades psicolóxicas e emocionais de todos os membros da familia.
 
Conectamos outras familias a través de tres sesións retransmitidas en directo onde puidemos compartir e resolver todas as nosas dúbidas por parte de psicólogos expertos en materia de crianza positiva, da Fundación Meniños. Se queres consultar as emisións das mesmas, fai clic nos enlaces directos de cada unha delas e envíanos todas as dúbidas e suxestións que poidas recibir a través do noso correo electrónico Vida.Saudable.Eps@sergas.es
 
Grazas por participar neste tipo de iniciativas, e colaborar na construción dun ambiente máis saudable para todos.
 
 
 

22 Novembro 2022

19:00 – 19:30 horas.

“A parentalidade positiva e a potenciación do vínculo”

A elección dunha mirada apreciativa sobre as capacidades e habilidades das persoas coidadoras é o mellor contexto para acompañar ás familias no proceso de xerar un vínculo seguro coas persoas menores de idade.

RELATORA: Yudit González Núñez. Psicóloga. Coordinadora do Programa de Integración Familiar da Fundación Meniños. Ourense

Se queres volver ver a webinar, fai clic aquí

24 Novembro 2022

19:00 – 19:30 horas.

“A aprendizaxe e o xogo nos procesos de crianza”

Nesta sesión reflexionaremos sobre a importancia do xogo no desenvolvemento durante a infancia, os diferentes tipos de xogo e as áeas de aprendizaxe que reflicten os seus beneficios. O xogo é algo moi serio. Non podemos medrar sen xogar.

RELATORA: Yudit González Núñez. Psicóloga. Coordinadora do Programa de Integración Familiar da Fundación Meniños. Ourense

Se queres volver a ver a webinar, fai clic aquí

 
 
 

29 Novembro 2022

19:00 – 19:30 horas.

“O desenvolvemento psicolóxico e emocional do ser humano na etapa prenatal e perinatal"

Neste webinar falaremos da importancia da etapa perinatal (pre-concepción, embarazo, parto e posparto) dende unha perspectiva de coidado e benestar psicolóxico e emocional. Afrontar os cambios que supón a maternidade e paternidade, as necesidades de nais, parella e bebé a saúde mental neste periodo; e como potenciar o vencello co bebé para garantir o benestar integral desde o inicio da vida.

RELATORA. Natalia Guedella Sebastián. Psicológa especializada en psicología perinatal e técnica do programa de atención perinatal da Fundación Meniños

Se queres volver a ver a webinar, fai clic aquí

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020