O plan de parto e nacemento

Tempo estimado de lectura: 2 min


Información sanitaria



XAN0112-11-img01.png 
 
É un documento que che permite expresar, de forma anticipada, as túas preferencias en relación con algúns aspectos relacionados coa atención que che gustaría recibir durante o parto e nacemento. Previamente á súa elaboración, o persoal sanitario proporcionarache toda a información e asesoramento que requiras. Lembra que podes revogalo en parte ou na súa totalidade durante o transcurso do parto.

Na visita das a visita das 28 semanas, podes amosar a túa intención de cumprir ou presentar un plan de parto e nacemento. En caso afirmativo, daranche a coñecer un documento elaborado para tal fin e explicaranche a súa finalidade e contido. Unha vez que o leas con tranquilidade, podes ir marcando as opcións que consideres oportunas e na seguinte visita prenatal, ás 32 semanas de xestación, o persoal sanitario encargado do teu embarazo resolverache as dúbidas que lles formules. Tamén che poden amosar as opcións mais convenientes segundo as túas expectativas e circunstancias persoais para telo en conta no momento do parto e nacemento.

Na seguinte visita, ás 36-38 semanas revisaredes o plan de parto e nacemento conxuntamente por se hai algún cambio ou dubida que quedará rexistrado no libro de saúde da embarazada e na historia clínica para que sexa tido en conta polo resto de profesionais. No momento que ingreses no hospital, a matrona comprobará a existencia do plan de parto e nacemento e revisarao conxuntamente contigo e a túa parella, por se necesitades aclarar algunha dúbida, modificando e actualizando o que sexa necesario, facéndoo constar neste documento e rexistrándoo na historia clínica.​​​​ ​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020