Vive sen tabaco

Tempo estimado de lectura: 2 min

Fumar é a principal causa previble de enfermidade e morte no noso medio. O tabaco afecta tanto as persoas que fuman como as que as rodean. O fume ambiental do tabaco procede do que expulsa o fumador con cada chupada e da propia combustión do cigarro acendido. As persoas que, malia elixiren non fumar, se ven obrigadas a respirar o fume de tabaco son fumadoras pasivas ou involuntarias.
 
 
non-smoking-2497308_1920.jpg 
 
 
Sabías que...?
O fume do tabaco contén máis de 4.000 substancias químicas, 50 delas moi tóxicas e canceríxenas.​
O fumador pasivo inhala, entre outras substancias:
  • Nicotina: entre un 0,5% e un 2% da que inhalan as persoas que fuman.
  • Alcatrán: utilizado no asfalto de rúas e estradas.
  • Monóxido de carbono: mortal en espazos pechados cando hai unha combustión deficiente (caldeiras, estufas...).
  • Amoníaco: usado en limpacristais.
  • Cianuro de hidróxeno: veleno utilizado como raticida.
  • Cadmio: utilizado nas baterías (carcinóxeno pulmonar, encóntrase 6 veces máis concentrado no fume ambiental do tabaco).
Unha persoa non-fumadora que pasa unha hora nun espazo pechado con fume do tabaco pode chegar a inhalar o equivalente a “fumar de 1 a 3 cigarros”.
 
NON existe un nivel de exposición seguro. Pasar pouco tempo nun ambiente con fume de tabaco tamén ten o seu risco. O fume de tabaco sempre lle pasa factura á saúde.​
 
Os sistemas de ventilación, aínda os máis modernos, non son totalmente eficaces para limpar o aire dos compoñentes perigosos do fume do tabaco.​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020