Qué é unha bebida enerxética?

Tempo estimado de lectura: 5 min
 
 
  • Unha bebida que normalmente contén grandes cantidades de cafeína, azucres engadidos, outros aditivos e estimulantes legais como guaraná, taurina e L-carnitina, que poden aumentar o estado de alerta, a presión arterial, o ritmo cardíaco e a respiración.
  • Habitualmente son consumidas pola xuventude para obter un “extra” de enerxía. Con todo, os estimulantes destas bebidas poden ter un efecto nocivo sobre a nosa saúde.
26.jpg 
 
 
Perigos potenciais das bebidas enerxéticas
  • Deshidratación (pola combinación da perda de líquidos pola sudación e o efecto diurético da cafeína).
  • Alteracións do ritmo cardíaco.
  • Náuseas e vómitos.
  • Alteración dos patróns do sono.
  • Inquietude, irritabilidade, ansiedade ou axitación.
  • Insomnio.
Lembra que:
  1. A bebida de elección é sempre a auga. As necesidades de hidratación poden ser tamén cubertas por infusións, caldo de verduras ou zumes de froitas naturais. No caso da práctica deportiva, as bebidas enerxéticas non deben substituír a hidratación e recuperación de metabolitos por medios convencionais como a auga ou, no seu caso, a través de bebidas isotónicas.
  2. A cafeína e outras substancias estimulantes contidas nas bebidas enerxéticas non teñen cabida na dieta de nenos e adolescentes. Os efectos non desexados van desde a alteración do sono (en tempo necesario para concilialo e en duración), alteración do comportamento, e efectos cardiovasculares. Estes efectos poden sumarse aos doutros alimentos que conteñan cafeína: café, té, chocolate, guaraná etc.
  3. O consumo habitual de cafeína pode causar dependencia física moderada a partir de 100 mg/día e tolerancia a esta substancia, creando a necesidade de consumir unha dose maior que a inicial para conseguir un efecto similar ao orixinal.
  4. As bebidas con alto contido en cafeína son aquelas que achegan más de 15 mg/100 ml de bebida. Normalmente, as «bebidas enerxéticas» conteñen 32 mg/100 ml. Isto é equivalente a dous cafés expresos, a 3-4 bebidas de cola ou a 4 cafés sós.
  5. As bebidas enerxéticas “con azucres” poden contribuír a exceder a inxestión diaria recomendada de azucres simples (50 g ao día como cantidade máxima diaria, segundo a recomendación da OMS) xa que unha lata de 250 ml achega entre 27,5 e 30 g e o envase de 500 ml entre 55 e 60 g.
  6. As bebidas enerxéticas úsanse ocasionalmente combinadas con alcol. Isto comporta unha serie de riscos engadidos. Dado que as bebidas enerxéticas son estimulantes e o alcol é un depresor, a combinación de efectos pode ser perigosa. Os efectos estimulantes da cafeína poden enmascarar os síntomas da intoxicación etílica aguda (fatiga, cansazo) co que se continúa bebendo. Tanto as bebidas enerxéticas como o alcol son diuréticos, o que pode dificultar a capacidade do organismo para metabolizar o alcol e polo tanto, aumentar así a toxicidade.
  7. Como no caso doutras substancias con efectos sobre o noso organismo, os efectos adversos xerais que podería exercer a cafeína e outros ingredientes presentes nas bebidas enerxéticas dependen da nosa masa corporal. Canto menor sexa o teu peso, más alteracións producirá no teu organismo; teno en conta ao consumir estas bebidas.
  8. Por último, e se finalmente decides consumir este tipo de bebidas, faino de maneira ocasional e limita a inxestión aos formatos de menor tamaño.​
 
Volume latae (ml) 250
Contido cafeína total por lata (mg) 80
Equivalencia con 1 café expreso 1

Volume latae (ml) 330
Contido cafeína total por lata (mg) 106
Equivalencia con 1 café expreso 1,3 ​

Volume latae (ml) 500
Contido cafeína total por lata (mg) 160
Equivalencia con 1 café expreso 2​​

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020