Tempo estimado de lectura: 4 min
Sorrir por primeira vez, coller obxectos, dicir “adeus” coa man, gatear ou dar os primeiros pasos son indicadores do desenvolvemento psicomotor do bebé
Cando falamos de desenvolvemento psicomotor referímonos á adquisición progresiva e aprendizaxe de habilidades que corresponde coa maduración das estruturas do sistema nervioso xa desde a etapa embrionaria e fetal.
Aínda que o desenvolvemento psicomotor é diferente en cada persoa, presenta un rango de idade similar no cal a maioría adquire ditas destrezas, e depende do ambiente no que o neno e a nena crecen, do seu potencial xenético e do seu carácter.
É necesario un seguimento pediátrico en cada revisión para avaliar o que coñecemos como “indicadores do desenvolvemento” (idade de aparición das diferentes destrezas adquiridas progresivamente), tales como sorrir por primeira vez, coller obxectos, dicir “adeus” coa man, gatear ou dar os primeiros pasos. Os bebés alcanzan estes indicadores na forma en que xogan, aprenden e interactúan. Cando constatamos un atraso fóra dese rango de “normalidade”, o equipo de pediatría detectará a posibilidade dun problema e seguirá facendo outras probas para descartar ou confirmar a sospeita diagnóstica.
Hai que lembrar que cada neno segue o seu propio ritmo. Por isto, o non seguir exactamente os pasos doutras persoas coñecidas ou de irmáns non significa necesariamente que haxa un problema real.
Media e marxe de normalidade para algúns logros e destrezas do bebé