O tabaco na lactación

Tempo estimado de lectura: 1 min 30 sg

Durante a lactación, a nicotina pasa ao leite materno e dálle mal sabor, polo que o neno o pode rexeitar.
 
Tamén pode producir unha maior irritabilidade, vómitos, diarreas, hiperexcitabilidade, alteracións do soño e cólicos intestinais, o que fai que o bebé chore máis e presente máis dificultades para ganar peso.
 
Fumar acurta o período de lactación e a produción do leite é máis escasa.
 
0109222.jpg 
 
O mellor que podes facer por ti e polo teu bebé é non fumar.
 
Reducir o número de cigarros durante a lactación non é suficiente. Non existe un nivel de consumo seguro, nin de exposición pasiva.
 
Decídete e acude ao teu centro de saúde, coñece os beneficios que conseguirás ao deixar de fumar para ti e os teus.
 
Os profesionais sanitarios, axudaranche e porán a túa disposición a información sobre as alternativas dispoñibles para facilitarche o proceso de abandono.
 
Nunca é tarde para tomar a decisión, agora pode ser o momento!!! ​
 

A información para os teus, rigurosa

O proxecto RISCAR está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020